Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Finisterrae III converterá o CESGA nun referente na computación cuántica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Finisterrae III converterá o CESGA nun referente na computación cuántica

Redacción
Publicado: 02/07/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

finisterrae-cesga-1.jpgO Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), dependente da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), está en proceso de instalación dun novo supercomputador, o Finisterrae III, que multiplicará por doce a capacidade de computación do anterior, aumentado así a súa potencia de cálculo e sendo capaz de resolver 4.000 billóns de operacións matemáticas por segundo.
Con esta nova ferramenta, o obxectivo do CESGA é seguir sendo un referente en España e en Europa ao incluír 708 procesadores de última xeración Intel Ice Lake, as últimas GPUS de NVIDIA modelo A100, un sistema de almacenamento en disco de 5PB e unha Librería de Cintas de 20PB.
O Finisterrae III tamén incorporará o primeiro simulador de computación cuántica de 30 qbits instalado en España, un Atos QLM, que situará ao CESGA como un referente no mundo da computación cuántica.
Este conxunto de software inclúe ferramentas para bioloxía, xenómica,
ciencia computacional, enxeñaría de datos, matemática, estatística, dinámica molecular, modelización de estrutura electrónica molecular, química cuántica, modelización de materiais, multifísica ou dinámica computacional de fluídos, entre outras, o que permite ao Cesga dar adecuada resposta á infinidade de demandas científico-técnicas.
A adquisición deste equipo supón un investimento de sete millóns de euros que foi posible grazas ao cofinanciamento achegado polas institucións representadas no padroado da Fundación CESGA, a Xunta de Galicia e o CSIC, así como ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).
Tras a súa instalación, entrará nun período de probas e despois abrirase o seu uso á comunidade científica galega e aos grupos de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en todo o Estado. O equipo, do mesmo xeito que os seus antecesores, incorporarase tamén á Rede Española de Supercomputación (RES) e ata un 20% da súa capacidade será posta a disposición de calquera grupo de investigación de países da UE ou asociados.

Servizo a 692 investigadores

O pasado ano, o Centro de Supercomputación de Galicia prestou servizo a 692 investigadores e innovadores provenientes fundamentalmente das tres universidades galegas e o CSIC, aínda que neste grupo inclúese tamén a persoal doutras universidades, centros tecnolóxicos e de investigación, administracións e industria.
O uso das infraestruturas contribuíu a 144 proxectos de I+D+i financiados a través de convocatorias competitivas que no seu conxunto mobilizaron máis de 143 millóns de euros, dos que os grupos usuarios captaron máis de 34 millóns de euros. Este financiamento contribuíu a sufragar 189 postos de traballo de moi alta cualificación.
Así, o obxectivo do CESGA é promover a integración do uso destas tecnoloxías por parte dos axentes do tecido produtivo, centros tecnolóxicos, hubs de innovación dixital e, de modo especial, por parte das pemes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?