
Segundo fixo saber Valentín García, responsable da Secretaría Xeral de Política Lingüística (encargada de estender a iniciativa alén do IES da Pobra), durante os anos que leva en marcha, o número de centros e alumnos foi medrando en cada unha das edicións, pasando dos 1.400 participantes no curso 2018-2019 aos preto de 4.000 no curso pasado.
“Os datos demostran que se está a consolidar como unha útil ferramenta para fomentar o emprego da lingua na mocidade participante e nos seus espazos de socialización”, expresou Valentín García, engadindo que este impacto estase a notar tamén nos espazos dixitais onde a iniciativa está presente a través dun blog, así como unha canle propia en YouTube e perfís en Facebook, Twitter, Instagram e TikTok onde se está a constatar “un aumento da fluidez na comunicación coloquial en lingua galega de todos os colectivos participantes”.
Neste sentido, 21 días co galego e + está a achegar bos resultados en canto ás competencias dos alumnos observándose un maior coñecemento da realidade lingüística e unha posta en valor dos dialectais propios así como un fortalecemento de nexos de unión coa comunidade educativa. Así, Valentín García recordou que entre as prioridades do Goberno autonómico está “seguir traballando en conseguir a transmisión e emprego da lingua nas familias e na mocidade, co fin de facela presente en eidos como Internet, os videoxogos e as zonas urbanas”.
Por outra banda, o secretario xeral de Política Lingüística defendeu o procedemento do CELGA, onde o número de matriculados superou os 1.500, o máis numeroso nos últimos anos. Por último, tamén se avanzou que o Goberno galego ten previsto levar a cabo este verán obras no CIP de Bembibre de Val do Dubra cun investimento de máis de 392.000 euros que suporá adaptar esta infraestrutura ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan de Nova Arquitectura pedagóxica de Galicia, dotado con máis de 191 millóns de euros.
Dende A Pobra

21 días co galego e + fixo ferver as redes coa súa innovadora proposta de dinamización lingüística
Compartir Este Artigo

