
O programa, que se poderá seguir en streaming, conta con espazos de networking, de debate, opinión e coñecemento, invitando a expertos en distintas materias para que realicen unha exposición seguindo un programa específico no que reflectirán, en catorce minutos, tres principios sobre dita temática de cara a establecer un coloquio posterior cos participantes. O relator desta primeira xornada do venres será Miguel Ángel Domínguez, presidente de Alastria, e impartirá unha conferencia titulada Innovación, robotización e BlockChain para optimizar os beneficios dos fondos Next Generation.
O experto sinala que “a innovación é fundamental se desexamos, tal e como se esixirá cos 140.000 millóns de euros dos Fondos Next Generation, transformar a estrutura económica do país, para lograr que sexa máis verde e mais dixital”. En relación á robotización, salienta que “ser eficiente é imprescindible para poder xestionar co mesmo persoal dez veces máis expedientes, máis licitacións e máis subvencións que os dun exercicio normal”.
Este programa forma parte dunha ampla axenda que a AMTEGA está a promover dende o centro GaiasTech, onde a tecnoloxía se converte no vector do cambio das organización que poden ser respostas innovadoras cun alto valor engadido ás demandas da sociedade.
O CPEIG e AMTEGA organizan un debate sobre a optimización dos Fondos Next Generation
Compartir Este Artigo

