No marco do do programa Xpande Dixital 2021, a Cámara da Coruña impulsou as vendas online internacionais e a posición estratéxica de 60 empresas da contorna, que operaron en máis de 15 mercados internacionais no último ano. Entre os mercados, escollidos por cada unha das empresas, destacan algúns de fóra da UE como Perú, Singapura, México, Arxentina, Senegal, Suíza ou EE.UU.
En canto aos mercados europeos elixidos as empresas da área, destacan Alemaña, Francia, Reino Unido e Portugal.
No marco de Xpande Dixital, cuxos detalles da convocatoria actual podemos consultar na web da Cámara (PDF), esta xestionou un orzamento de 410.040 euros durante o último ano para que as empresas puidesen realizar diferentes actuacións nos mercados sinalados. As máis representativas son a posta en marcha de ferramentas de ecommerce internacional, o reforzo de webs e redes sociais orientadas ao mercado elixido polas empresas, o investimento en publicidade en redes (social ads) ou en contornas SEM (Google Adwords principalmente), o investimento en campañas de mercadotecnia a través de correo electrónico, o posicionamento SEO ou o deseño de estratexias de mercadotecnia dixital en xeral para cada un dos mercados.
Xpande Dixital 2021 é un programa que xestiona a Cámara de Comercio da Coruña, en colaboración coa Cámara de España, e que está co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) como medida para facer fronte ao impacto económico da COVID-19.
Xpande Dixital 2021 axuda a incrementar as vendas en liña de 60 pemes coruñesas
Compartir Este Artigo

