Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Finisterrae III suporá unha infraestrutura básica para o Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Finisterrae III suporá unha infraestrutura básica para o Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia

Redacción
Publicado: 02/08/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

210802_economia_06x.jpgO vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe que o novo supercomputador do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), o Finisterrae III, supón unha infraestrutura básica para a posta en marcha do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, que aspira aos fondos europeos Next Generation cun orzamento de máis de 154 millóns de euros.
Nunha visita ao Cesga para coñecer este novo equipamento, Conde destacou que Galicia avanza na era dixital dotándose de infraestruturas de vangarda como o Finisterrae III, que fan do Cesga un socio tecnolóxico fundamental para o ecosistema galego de I+D+i e os sectores estratéxicos da nosa economía. Non en van, será o nodo principal do Polo de Tecnoloxías Cuánticas, que disporá tamén dunha antena en Vigo e outra no Polo Aeroespacial de Rozas, e que ten por obxectivo crear en Galicia un espazo para o desenvolvemento de software cuántico e para dar pulo á I+D+i neste ámbito.
En cifras, este superordenador, que conta cun investimento de 7 millóns de euros por parte da Xunta e o CSIC, permitirá resolver 4.000 billóns de operacións matemáticas por segundo, o que supón multiplicar por 12 a capacidade do Finisterrae II. Disporá dunha memoria total que case triplica a dispoñible actualmente. E incorpora un simulador de computación cuántica que é o primeiro da súa clase en España (30qbits). Polo tanto, dixo Conde, vai ser unha ferramenta fundamental para que os grupos de investigación, os centros tecnolóxicos e o tecido empresarial galego afonden na dixitalización coa incorporación de técnicas como a intelixencia artificial, o big data ou a analítica de datos.
210802_economia_15x.jpgEn concreto, o Finisterrae III vai permitir aos grupos de investigación das universidades galegas e do CSIC plantexar proxectos de I+D+i máis ambiciosos que co anterior equipamento non poderían ser abordados. E, de igual xeito, ter acceso a tecnoloxías de computación cuántica a través do simulador que incorpora este ordenador, fará posible que o ecosistema galego de I+D+i se posicione con vantaxe neste ámbito. Deste xeito, toda esta potencia de cálculo dará resposta a infinidade de demandas técnico-científicas e beneficiará a sectores tan diversos como a bioloxía, a medicina, o medio ambiente, as finanzas, a aeronáutica, as telecomunicacións, a automoción ou a loxística.
En 2020, o Cesga prestou servizo a 692 investigadores das tres universidades galegas e do CSIC e fixo posible que se levaran a cabo 144 proxectos de I+D+i que mobilizaron 143 millóns de euros. Agora, grazas ao novo computador Finisterrae, os grupos de investigación que empregan as infraestruturas do Cesga poderán abordar problemas de maior envergadura, en menor tempo e con maior resolución. Son, por exemplo: Meteogalicia; a Fundación Pública de Medicina Xenómica; a Plataforma Innopharma (USC), coa que colabora a Xunta e que traballa no descubrimento temperán de fármacos; empresas como Finsa, ou as tres universidades galegas.
Conde dixo que a Xunta está facendo “un seguimento puntual” desta infraestrutura porque é “unha infraestrutura básica” polas prestacións que ofrece aos ecosistema de I+D+i e ao tecido empresarial porque as novas tecnoloxías dixitais precisan cada vez dunha maior velocidade de procesamento e dun maior almacenamento de datos.
Neste sentido, amosouse convencido de que o Cesga, que é un centro misto entre a Xunta de Galicia e o CSIC, poida obter o financiamento necesario cando o Goberno estableza cales son os criterios de reparto dons fondos Next Generation e cal é a intensidade da axuda. E, na mesma liña, remarcou o compromiso da Xunta con este centro que definiu como “o corazón das novas tecnoloxías” en Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?