A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou este sábado 7 de agosto a mocidade participante no obradoiro Start IOT 5.0, que, como se indica no seu nome (IoT son as siglas de Internet das Cousas en inglés), céntrase en formar aos participantes nas posibilidades presentes e futuras que abren ámbitos de traballo como as aplicacións informáticas, a Intelixencia Artificial ou as tecnoloxías web. A rexedora acudiu acompañada da edil de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana Abelleira. Ao obradoiro asisten 16 rapazas e rapaces lucenses con idades comprendidas entre os 16 e os 29 anos. O obxectivo é formarlos nun sector “que está moi en auxe” para o seu futuro laboral.
A rexedora explicaba que “a formación dos mozos e mozas lucenses é un dos obxectivos prioritarios do executivo local para a recuperación do municipio na etapa da post-pandemia, unha meta na que estamos a traballar con varios plans de actuación”.
A duración dos talleres, que comezaron o pasado mes de xullo, é de un ano, tempo no que as e os asistentes estarán retribuídos co salario mínimo interprofesional. A rexedora fixo saber que entre os proxectos que levarán a cabo as e os participantes está incluída a creación dos contidos que darán soporte as dispositivos dixitais dunha primeira experiencia piloto, “innovadora en España”, que busca impulsar as compras no casco histórico a través dun sistema innovador de cartelería interactiva, “que aumentará a visibilidade dos establecementos e dos seus produtos e servizos, e facilitará a orientación de novas estratexias de fidelización e venda”.
O obradoiro esta dotado cun orzamento de 390.492 euros e financiado en máis do 90% polo Fondo Social Europeo.
O obradoiro lucense Start IOT 5.0 achega formación tecnolóxica e a 16 mozas e mozos
Compartir Este Artigo

