Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta prevé completar en 2022 a implantación de salas de vistas dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta prevé completar en 2022 a implantación de salas de vistas dixitais

Redacción
Publicado: 08/09/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xulgados-2.jpgO director xeral de Xustiza, Juan José Martín, anunciou hoxe no Parlamento galego que a Xunta completará en 2022 a dotación de salas de vistas dixitais a través dunha nova licitación que se sumará ás actuacións levadas a cabo ata agora que supuxeron un investimento de 3,7 millóns de euros.
O Goberno galego continuou este ano na modernización destas instalacións coa implantación dunha vintena de salas dixitais nos xulgados da Coruña, Betanzos, Carballo, Ferrol, Santiago, Ourense, Cambados, Cangas, O Porriño, Pontevedra e Vigo. A elas sumaranse outras 66 que se porán en marcha ao longo dos próximos meses ata acadar as 142 con esta tecnoloxía. Juan José Martín sinalou que, por exemplo, tódalas salas de vista da nova Cidade da Xustiza de Vigo xa serán totalmente dixitais.
Coa nova licitación prevista para 2022 completarase este modelo avanzado de salas de vistas que poden funcionar de xeito totalmente dixital, xa que permiten a exhibición do expediente dixitalmente durante a vista e contan con sistema de videoconferencia e gravación integrada para a súa incorporación ao expediente xudicial. Ao dispoñer de equipos de videoconferencia integrados facilitan a gravación a través do sistema eFidelius e visualizar todos os elementos do Expediente Xudicial Electrónico.
As salas de vista dixitais son precisamente un elemento máis dentro das medidas levadas a cabo pola Xunta para a modernización da Xustiza a través dos distintos Plans Senda, nos que a Administración autonómica ten investidos case 50 millóns de euros.

Sistemas de videoconferencia e salas Gesell

Entre as medidas que se veñen implantando destaca a instalación de sistemas de videoconferencia na totalidade das sedes xudiciais de Galicia. Nesta liña, o director xeral de Xustiza explicou que actualmente hai case 200 sistemas de videoconferencia habilitados, dos cales máis da metade intégranse nos equipos de gravación das salas de vista e os restantes noutras dependencias como, por exemplo, os xulgados de garda.
Na súa intervención tamén lembrou que a Xunta avanza na dotación de salas de Gesell que facilitan a declaración de testemuñas vulnerables como menores ou vítimas en condicións de protección e privacidade, ao contar cunha zona de exploración e outra de observación conectadas mediante un sistema de videoconferencia.
O compromiso do Goberno galego é dotar de xeito progresivo destas instalacións ás sedes xudiciais das cidades onde se atopan as subdireccións do Instituto de Medicina Legal (Imelga), tendo que en conta que os seus equipos psicosociais son os que levan a cabo as exploración e entrevistas nestes casos. Xa están implantadas salas deste tipo nos xulgados de Ourense e Lugo, ás que se sumarán tamén outras en Pontevedra e na Cidade da Xustiza de Vigo e xa se traballa para implantalas en A Coruña e Ferrol.
O director xeral de Xustiza fixo balance ademais doutras ferramentas de implantación do Expediente Xudicial Electrónico como a sinatura dixital para asinar sentenzas e resolucións de forma online coa mesma validez que en papel ou as comunicacións telemáticas entre os diferencias operadores xurídicos a través da ferramenta LexNET, consolidada xa como ferramenta de comunicación na totalidade de órganos xudiciais galegos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?