Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Porto de Vigo acolle casos de uso da 5G orientados á seguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Porto de Vigo acolle casos de uso da 5G orientados á seguridade

Redacción
Publicado: 15/09/2021
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

orange_5g_vigo_01.jpgO Porto de Vigo sitúase na vangarda no desenvolvemento de solucións innovadoras baseadas en tecnoloxía 5G aplicadas a instalacións portuarias ao acoller dous casos de uso do proxecto liderado por Orange. Un relativo a vixilancia mariña con naves non tripuladas empregando 5G, e outro para o control automatizado de acceso ás lonxas a través do recoñecemento facial, segundo manifestou hoxe nesta cidade a directora da AMTEGA, Mar Pereira.
O Salón de Sesións da Autoridade Portuaria de Vigo acolleu un acto de demostración da solución para o control automatizado de acceso ás lonxas, un dos 30 que se están a realizar en Galicia, dos que 12 son en Vigo. Esta cidade reafírmase deste xeito na cabeza da adopción do 5G en España. O sistema foi desenvolvido por Orange, que liderou este piloto xunto con Ericsson e Inetum, e forma parte do proxecto liderado pola operadora que inclúe 13 casos de uso, cun investimento global de 9 millóns de euros, financiado por Red.es, e no que colaboran 20 empresas e entidades públicas e privadas.
Na presentación participaron, ademais da directora da AMTEGA, o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Xesús Vázquez Almuiña; a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias; o director de Servizos Públicos Dixitais de Red.es, Francisco Javier García Viaira e representantes das empresa Orange e Inetum.
Galicia é unha das dúas comunidades españolas que acolle dous proxectos financiados por Red.es para o desenvolvemento de casos de uso baseados en tecnoloxía 5G. As adxudicatarias destes proxectos foron Telefónica e Orange. A aprobación por parte da Xunta do Plan Galicia 5G no ano 2018 e a posta en marcha dun espazo a través da colaboración entre as administracións e as operadores de telecomunicacións que se plasma no Nodo 5G de Galicia, sentou as bases para a formación de alianzas e a identificación de casos de uso nos diferentes sectores e coa colaboración de entidades y empresas
Galicia acolle na actualidade 13 casos de uso liderados por Orange e outros 12 por Telefónica. Ademais destes dous proxectos financiados por red.es, na nosa comunidade lévanse a cabo outros 5 pilotos nos que tamén participa Vodafone.
As primeiras probas de uso en Galicia remóntanse ao período 2018-2019. O adianto no impulso desta tecnoloxía fixo que Galicia fora o primeiro lugar do mundo no que se probou a roaming con 5G (entre España e Portugal); e que Vigo e A Coruña foran das primeiras cidades de Europa en dispoñer desta tecnoloxía.
Un total de 16 casos de uso lévanse a cabo na provincia de Pontevedra, 6 na Coruña, 5 en Lugo e tres en Ourense.
O Porto de Vigo é unha das entidades participantes no proxecto, como demandante de solucións innovadoras que dean resposta a diferentes retos vencellados á transformación dixital das instalacións portuarias. O piloto presentado hoxe permite que a persoa encargada do control dos espazos nos que se realizan as poxas de peixe poida identificar posibles intrusos. Para elo emprégase o recoñecemento facial e utilízanse algoritmos de intelixencia artificial en base aos protocolos definidos de acceso seguro a los recintos portuarios
O Porto de Vigo acolle tamén outro dos casos de uso de Orange para a utilización dun sistema baseado en 5G empregando naves non tripuladas para a vixilancia marítima nas augas dependentes da Autoridade Portuaria.
O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Xesús Vázquez Almuiña destacou a importancia de aplicar esta tecnoloxía no Porto de Vigo, xa que “é o futuro” e “forma parte da nosa estratexia de crecemento azul cara aos vindeiros anos”, o que traerá “grandes beneficios” para todos os usuarios.
A directora da AMTEGA, Mar Pereira, lembrou a importancia de situar a Galicia no desenvolvemento de produto baseado nas tecnoloxías de futuro, impulsando o crecemento do ecosistema dixital e a súa especialización tecnolóxica tal como se recolle na Estratexia Galicia Dixital
Por outra banda, sinalou que a tecnoloxía 5G será relevante no desenvolvemento de proxectos dixitais sectoriais pero tamén será imprescindible para que nunha poboación tan dispersa como a de Galicia se poida cumprir o obxectivo de despregamento universal de banda larga ultra rápida fixado pola UE para 2025.
Neste sentido, a Xunta xa trasladou ao Goberno de España as prioridades de Galicia para o despregamento da banda larga ultra rápida. Tamén advertiu na necesidade de dar prioridade á cobertura 5G es infraestruturas estratéxicas para o territorio como son os portos, os polos industriais e de coñecemento, así como as principais vías de comunicación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?