Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha conferencia no Centro GaiásTech abordará o concepto de xemelgo dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha conferencia no Centro GaiásTech abordará o concepto de xemelgo dixital

Redacción
Publicado: 22/09/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xemelgo_dixital_gaiastech.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a AMTEGA organizan o vindeiro venres un espazo de networking e debate chamado tres14.pm que celebrarase de xeito presencial, para un grupo máximo quince profesionais do sector das TIC ou outras persoas interesadas na materia, no Centro GaiásTech situado na Cidade da Cultura en Santiago (Monte Gaiás, s/n. Edificio CEM) ás 15:00 horas. Ademais, poderase seguir en streaming onde os participantes interactuarán co relator a través do chat.
Este programa difundirase desde o centro GaiasTech, recentemente inaugurado, e que se configura como o elemento central e coordinador do ecosistema dixital de Galicia e da súa relación co resto da economía galega na procura dunha competitividade duradeira e xerando espazos de integración e inclusión dixital e de desenvolvemento persoal do noso talento dixital. O programa conta con espazos de networking, de debate, opinión e coñecemento, invitando a expertos en distintas materias para que realicen unha exposición seguindo un programa específico no que reflectirán, en catorce minutos, tres principios sobre dita temática de cara a establecer un coloquio posterior cos participantes.
manuel_meijide.jpgO relator desta xornada será Manuel Meijide, director da compañía ILUX Visual Technologies. Impartirá unha conferencia titulada O xemelgo dixital como impulsor da transformación dixital na industria. Meijide explica que un Xemelgo Dixital (Digital Twin) é unha representación dixital dun contorno ou proceso físico, réplicas virtuais que se empregan para simular a realidade e o seu comportamento en determinadas circunstancias. Sinala tamén que, máis alá dun mero modelo tridimensional, o xemelgo dixital combina unha representación co Big Data, Cloud Computing, IoT, Machine Learning ou Intelixencia Artificial para conseguir unha copia completa e en tempo real dun determinado contorno ou proceso físico cunhas características e estado concretos.
A través desta copia virtual, Meijide sinala que é posible unha análise exhaustiva da información, así como experimentar sen correr riscos, algo moi beneficioso por exemplo en procesos de fabricación. Ademais, dado que o xemelgo dixital simula o comportamento do seu homólogo físico, este último pódese monitorizar, analizar, automatizar e mesmo predicir o seu comportamento, en definitiva, mellorar. Asegura que «os xemelgos manexan, monitorizan e tratan información masiva e integran multitude de sistemas, conectando diferentes tipos de datos para crear unha única visualización para xestionar todo o proxecto representado».
Meijide destaca que os xemelgos dixitais son de aplicación en multitude de sectores e todo tipo de empresas. O seu ámbito de aplicación asóciase á transformación dixital da empresa, xa que con eles é posible realizar un control dos sistemas para reducir as incidencias, previr tempos de inactividade, planificar tarefas e diferentes escenarios e probalos mediante simulacións ou acelerar procesos, todo isto en tempo real.
Este programa forma parte dunha ampla axenda que a AMTEGA está a promover desde o centro GaiásTech, onde a tecnoloxía convertese no vector do cambio das nosas organizacións que poden dar respostas innovadoras e cun alto valor engadido ás demandas da nosa sociedade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?