Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google Arts & Culture achega as rutas xacobeas a través do proxecto ¡Buen Camino!
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google Arts & Culture achega as rutas xacobeas a través do proxecto ¡Buen Camino!

Redacción
Publicado: 24/09/2021
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

feijoo_buen_camino.jpgO presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe o proxecto ¡Buen Camino!, para ofrecer da man de Google Arts & Culture unha fiestra á singularidade das rutas xacobeas, acadando unha nova universalidade. Durante o acto, o titular da Xunta destacou que con este proxecto, dispoñible en 11 idiomas, Galicia dá un paso máis na dixitalización do Camiño, unha viaxe que se iniciou coa posta en marcha da plataforma Smart Camiño e que continuará coa Estratexia Galicia Dixital 2030.
intro_buencamino.gif Feijóo aproveitou a súa intervención para agradecer a implicación do Goberno de Aragón, así como da Federación de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago e da Fundación Catedral nesta iniciativa e incidiu en que o obxectivo é que os visitantes sintan o que sinte un peregrino, «ando percorre algunha das 10 rutas oficiais, cando visita as catedrais de Mondoñedo ou Lugo, cando pasea por Santiago, cando explora as Illas Cíes, cando desfruta da gastronomía ou escoita música como a de Tanxugueiras».
O proxecto ¡Buen Camino! ofrece unha visión virtual dos diferentes Camiños de Santiago con historias inmersivas que cobran vida con 108 exposicións en liña, máis de 4.750 fotografías e vídeos, 15 visitas virtuais en 360 graos e un vídeo único que convida ao usuario a experimentar de xeito sensorial a aventura de percorrer este recoñecido traxecto.
peregrinos_3.jpgA través deste contido virtual os peregrinos descubrirán, entre outras cousas, unha grande cantidade de monumentos e vilas con encanto, coñecerán as historias dalgúns dos peregrinos que viaxan a Compostela e atoparán consellos e recomendacións para preparar esta aventura e vivir a magnífica experiencia de facer o mellor camiño.
Entre as exposicións que se poderán gozar nesta nova experiencia que ofrece Google Arts and Culture atópanse, entre outras, as historias para coñecer máis sobre o Camiño de Santiago como este mapa ilustrado dos Camiños de Santiago en Europa con curiosidades sobre o Camiño ou Dez cosas que non sabías do Camiño de Santiago, onde as persoas poderán coñecer datos tan interesantes como De onde vén o nome de Compostela? Que papel xoga Francis Drake na historia xacobea? ou Por que tantos coreanos peregrinan a Santiago?
catedral_de_santiago_de_compostela_03.jpg Tamén atoparemos historias que se centran nas persoas e a relación co Camiño de Santiago, entre as que destacan: Coñece a Yoon, un coreano namorado deste roteiro de peregrinación e que rexenta un restaurante en Santiago de Compostela, ou Persoas que traballan no Camiño, que mostra as historias de persoas cuxos traballos están vinculados ao Camiño de Santiago dunha ou outra maneira. Ademais, o proxecto mostra os Camiños de Santiago como roteiros de peregrinación accesibles a todo tipo de persoas e inclúe elementos como unha guía a través de pictogramas para facer o Camiño a Santiago, un camiño sen barreiras para facer o camiño con cadeira de rodas ou o Camiño da diversidade, con recomendacións para que todo o mundo poida gozar desta experiencia dunha maneira plena.
horreo_e_cruceiro.jpg Así mesmo, todo o que se mergulle nesta aventura virtual poderá coñecer as marabillas culturais, naturais e arquitectónicas que rodean estes camiños a través de exhibicións como: Música galega: A banda sonora do Camiño de Santiago, unha selección de propostas contemporáneas a través das cales se poderán explorar as diferentes reinterpretacións da música de Galicia, desde a música tradicional ata o folk, o jazz, a electrónica, o trap e o rock; Fenómenos para reconectar aos viaxeiros cos seus cinco sentidos, unha viaxe de descubrimento sensorial no que os viaxeiros poderán seguir un rastro que se pode ver, oír, cheirar, tocar, sentir e vivir a cada paso; ou a exhibición Outros tipos de patrimonio arquitectónico ao longo do Camiño de Santiago, coa que se coñecerán algúns dos segredos máis sorprendentes e mellor gardados do patrimonio relixioso dos distintos Camiños, algúns famosos, outros curiosos e totalmente escuros.
Todas as persoas poderán gozar de percorridos virtuais en 360 graos para mergullarse en lugares como a Catedral de Santiago de Compostela, o Conxunto etnográfico de O Cebreiro, a Torre de Hércules ou o Mosteiro de Sobrado dos Monxes, entre outros dos incribles sitios que rodean estes roteiros.


Vídeo promocional de ¡Buen Camino!

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?