Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Universidade de Vigo contará cun título específico en ciberseguridade industrial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Universidade de Vigo contará cun título específico en ciberseguridade industrial

Redacción
Publicado: 08/10/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ciberseguridade_industrial_cartel.jpgA transformación dixital do sector industrial cara unha Industria 4.0 supón numerosas vantaxes e maior flexibilidade pero esta dixitalización das empresas implica tamén a aparición de novos riscos que requiren de profesionais especializados que acheguen a protección adecuada ás compañías e aos procesos produtivos. De feito, o informe Galicia 2030: Proposta de novas titulacións para o SUG sinala o eido da ciberseguridade na contorna industrial como un dos nichos laborais de futuro que requiren dunha formación específica que ata agora non existe na comunidade autónoma. Isto deixará de ser así coa posta en marcha do título propio de Especialista en Ciberseguridade Industrial que acaba de ser aprobado pola Universidade de Vigo. Este curso botará a andar en xaneiro e oferta 30 prazas para unha docencia que será totalmente virtual a través e Campus Remoto, co obxectivo de abrir “o espectro de participantes a toda España e incluso Latinoamérica”, explica José Ignacio Armesto, coordinador do mesmo, xunto co tamén docente Miguel Díaz-Cacho, ambos do Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática.
ciberseguridade_industrial_docentes.jpgArmesto destaca que este curso pretende “cubrir o oco que hai entre os perfís formativos industrial e das tecnoloxías da información e comunicacións, xerando un novo perfil especialista en ciberseguridade industrial”. Esta profesión emerxente é cada vez máis demandada polo sector, xa que a industria 4.0 implica un incremento substancial da conectividade nas empresas, tanto horizontal, é dicir, entre as liñas de produción e as máquinas, como vertical, entre as máquinas e os sistemas de xestión da produción. A isto súmase a conectividade a través de internet para ofrecer servizos de mantemento e captación de información das máquinas. Neste escenario xorden novos riscos e vulnerabilidades que deben ser xestionados adecuadamente adoptando as medidas de protección necesarias para evitar ciberataques, perdas na propiedade industrial das compañías ou mesmo a paralización da produción. Esta será a formación específica que reciban os e as estudantes deste curso único en Galicia. Respecto do panorama estatal, Armesto apunta que, se ben existen algunhas titulacións en ciberseguridade industrial, estas “non teñen o enfoque tan práctico e técnico que lle imos dar a este título propio”. Ademais pon en valor o feito de contar co apoio e coa participación docente de multinacionais “tan recoñecidas no sector da ciberseguridade industrial como Siemens, Fortinet, Microsoft ou Nozomi Networks, entre outras”. O curso estenderase entre o 13 de xaneiro e o 2 de setembro de 2022 e as persoas interesadas poden solicitar máis información vía web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?