Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O documental Marxe de erro dá visibilidade ao rol das mulleres tecnólogas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O documental Marxe de erro dá visibilidade ao rol das mulleres tecnólogas

Redacción
Publicado: 26/10/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20211026_marxe_de_erro.jpgO centro GaiásTech da Cidade da Cultura de Galicia acolleu esta mañá a presentación do documental Marxe de erro, no que se amosa o perfil profesional de cinco mulleres tecnólogas. A iniciativa, enmárcase na colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) e a AMTEGA a través do Plan DigiTalent para promover as vocacións tecnolóxicas femininas.
Na presentación participaron a directora da AMTEGA, Mar Pereira; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; e o presidente do CPETIG, Marcos Mata. Ao encontro estaban convidados, tamén, alumnos de bacharelato STEMbach de centros educativos de toda Galicia.

Contidos
  • 30% de mulleres no sector TIC
  • Preto do 75% das persoas tituladas STEM traballa en Galicia

30% de mulleres no sector TIC

Os últimos datos do Observatorio para a Sociedade da Información de Galicia (Osimga) sinalan que só o 30,4% dos traballadores do sector TIC galego son mulleres. Ademais, só 14,7% desenvolve tarefas especificamente TIC, fronte ao 49,3% dos homes e a porcentaxe de empresas TIC galegas conta con mulleres en postos de dirección sitúase no 14,3%.
A directora da AMTEGA sinalou que é evidente que queda camiño por percorrer para reducir a fenda de xénero no sector tecnolóxico, ávido de novos especialistas e con moitas posibilidades profesionais. Lembrou que a Estratexia Galicia Dixital 2030 contempla a promoción do talento dixital como un eixo transversal que, por suposto, ten entre os seus obxectivos a redución da fenda de xéneno nas carreiras STEM e como consecuencia no sector tecnolóxico.

Preto do 75% das persoas tituladas STEM traballa en Galicia

Ademais Pereira apuntou algunhas cifras relativas ao emprego dos titulados en carreiras STEM en Galicia como que oito de cada dez egresados volvería a cursar a mesma titulación; que 83,6% está incorporado ao mercado laboral nos dous primeiros anos tras rematar os seus estudos e que o 74,8% das persoas tituladas STEM desenvolven a súa traxectoria profesional en Galicia.
Iniciativas como a de hoxe visibilizan e difunden referentes e por iso Mar Pereira quixo agradecer especialmente a colaboración de Berta Candendo, Susana Ladra; Susana Gómez, Verónica Bolón e Silvia Piñeiro, as profesionais que participaron no documental Marxe de erro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?