Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Polo Aeroespacial de Galicia dáse a coñecer no World ATM Congress
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Polo Aeroespacial de Galicia dáse a coñecer no World ATM Congress

Redacción
Publicado: 27/10/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20211027_world_atm_congress2.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá en Madrid nunha mesa redonda sobre a proposta de Plan Estratéxico Aeroespacial Nacional, no marco do congreso World ATM Congress, a principal conferencia a nivel mundial sobre xestión do tráfico aéreo, e Expodrónica, a feira de drons máis importante no sur de Europa, que se están a celebrar conxuntamente estes días no recinto feiral de Ifema.
Argerey presentou na súa intervención as principais liñas da Estratexia do Polo Aeroespacial de Galicia para o período 2021-2025 e informou de que Galicia aspira a articular o proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica (Perte) Aeroespacial no ámbito dos vehículos non tripulados, no caso de que o Goberno finalmente o poña en marcha.
Neste contexto, o Polo Aeroespacial de Galicia preséntase como unha iniciativa estratéxica con grande capacidade transformadora e importantes resultados acadados na fase anterior 2015-2020: 164 millóns de euros de investimento público-privado mobilizado; colaboración con empresas tractoras como Indra, Babcock e Boeing e a implicación do ecosistema rexional; máis de 900 profesionais; 60 solucións tecnolóxicas e produtos xa no mercado de 655 desenvoltas; e a creación de cinco novas empresas en Galicia.
Argerey coincidiu co resto de relatores na necesidade de coordinarse, aproveitar as sinerxías entre as distintas iniciativas e non solaparse para que os fondos europeos Next Generation funcionen como un elemento de tracción e España poida gañar en dimensión e potencial, así como acadar un bo posicionamento neste segmento a nivel global.
A directora da Axencia Galega de Innovación informou de que o Polo Aeroespacial de Galicia comeza agora unha nova etapa na que o Goberno galego aspira a mobilizar máis de 500 millóns de euros, dos que xa ten comprometidos 70 millóns de fondos públicos. O obxectivo é consolidar a pegada industrial ao redor do sector aeroespacial coa creación de 24 novas empresas, a proxección internacional a través da comercialización de novos produtos e tecnoloxías innovadoras e a xeración de emprego cualificado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?