Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un vehículo eléctrico autónomo mellorará o transporte de mercadorías na zona histórica de Compostela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un vehículo eléctrico autónomo mellorará o transporte de mercadorías na zona histórica de Compostela

Redacción
Publicado: 04/11/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

163603345611042021_vehiculo_smartiago_03.jpgO concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo e responsable do proxecto Smartiago, Sindo Guinarte; e Severino Castromán Souto, responsable de Administracións Públicas Galicia – Vodafone España; presentaron o proxecto para o desenvolvemento do primeiro vehículo eléctrico autónomo para mellorar o transporte de mercadorias e reducir o impacto ambiental na zona histórica de Santiago.
Vodafone España resultou adxudicataria da iniciativa SMARTiAGO – Servizos de investigación e desenvolvemento de vehículos eléctricos autónomos modulares multifuncionais no marco dun Living Lab de loxística de última milla, no marco do reto de mobilidade intelixente e sustentable do proxecto Smartiago, dentro dun concurso público impulsado polo Concello de Santiago de Compostela. O seu obxectivo é pór en marcha unha folla de ruta formada por un conxunto de solucións tecnolóxicas innovadoras no ámbito das Smart Cities.
163603339411042021_vehiculo_smartiago_0.jpgA operadora propuxo unha solución tecnolóxica consistente no despregamento dun ecosistema integrado baseado nunha plataforma de xestión global, que inclúe o desenvolvemento de vehículos eléctricos e autónomos multifuncionais, ademais do control de acceso a zonas restrinxidas, monitorización de persoas e vehículos e a xestión de prazas de aparcamento. Como elemento de conexión, exponse o uso dunha plataforma de xestión avanzada, que servirá como punto de tratamento e compartición de datos, así como a análise de datos e algoritmos de predición en base á información xerada no ecosistema ou elementos externos conectados a el.
smartieago_vehiculo.jpgO vehículo autónomo de Vodafone, que se desenvolverá coa tecnoloxía máis innovadora, funciona a través da condución autónoma de nivel 4 sen condutor e unha unidade de control remoto do vehículo. Leva incorporadas cámaras LIDAR, un sistema de sensor que permite identificar os obxectos que ten diante, así como cámaras termodinámicas FLIR, unha ferramenta de inspección sen contacto cun bloque óptico xiratorio de 180 graos. O coche tamén leva un sistema GNSS (Sistema global de navegación por satélite) e sistema de comunicacións vía LTE para control e sensórica de vehículo. Ademais, inclúense Pods desmontables para a loxística de materiais para servizos públicos e un xeorradar que valora un posible impacto do tráfico en infraestruturas subterráneas municipais. Todo iso xunto a unha plataforma SMART que recolle os datos de todos os sensores propostos para medir o impacto e funcionamento do coche en remoto.
Vodafone desenvolverá o seu primeiro vehículo autónomo no centro histórico de Santiago, co obxectivo de mellorar o transporte de mercadorías de última milla e determinar o impacto dos vehículos nas infraestruturas da cidade. Un proxecto no que se investirán 547.909,09 euros, e que servirá como impulso para reducir a pegada de carbono e as emisións contaminantes para o medio ambiente, e, ao mesmo tempo, para optimizar a distribución das mercadorías e mellorar os niveis de conxestión urbana provocados polo tráfico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?