Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mar Pereira asegura que Galicia dispón dun marco estratéxico para impulsar unha dixitalización sustentable e inclusiva
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mar Pereira asegura que Galicia dispón dun marco estratéxico para impulsar unha dixitalización sustentable e inclusiva

Redacción
Publicado: 05/11/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

mar_pereira_uimp.jpgA directora da AMTEGA, Mar Pereira, afirmou hoxe que Galicia dispón dun marco estratéxico para impulsar unha dixitalización sustentable e inclusiva e que o traballo feito tras dez anos de axendas dixitais nos sitúa nunha boa posición para afrontar os retos da transformación dixital que marca Europa. Ademais fixo fincapé en que a especialización do sector tecnolóxico é clave para o aproveitamento dos fondos europeos para a dixitalización.
Estas declaracións fíxoas durante a conferencia Un marco estratéxico para a vindeira década dixital no marco do curso A Cidade das TIC: construíndo un futuro dixital organizado pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo na Coruña, onde afondou en tres medias chave na dixitalización de Galicia, a Estratexia Galicia Dixital 2030, a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial e o Marco Galego de Competencias Dixitais, sen esquecer a importancia do talento dixital e o pulo dos fondos europeos.
A directora da AMTEGA lembrou que Galicia ten en marcha unha folla de ruta para potenciar o aproveitamento da tecnoloxía para impulsar o desenvolvemento rexional, a Estratexia Galicia Dixital 2030. A EDG2030 prevé mobilizar un investimento público-privado de 4.000 millóns de euros e ofrece un marco de gobernanza entre as distintas administracións que pode ser chave para executar de maneira efectiva os proxectos de dixitalización vinculados ao plan de recuperación e resiliencia.
Respecto da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial, que se puxo en marcha este ano, Mar Pereira indicou que avoga por unha aplicación da IA de vangarda, ética e segura que a permita avanzar cara a unha economía baseada no coñecemento. Incidiu en que a Intelixencia Artificial mellorará a xestión administrativa e permitira afrontar os desafíos que se lle presentan á rexión de maneira inminente, como o cambio demográfico e a transición ecolóxica, recollidos na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable
Galicia aposta por unha dixitalización inclusiva, por iso, segundo lembrou Pereira Galicia foi das primeira comunidades en adaptar o Marco Europeo de Competencias Dixitais e crear o Marco galego de Competencias Dixitais, que entrará en vigor en xaneiro do 2022. Permitirá aos galegos obter unha certificación das súas habilidades dixitais, favorecendo a inclusión dixital, a capacitación e a empregabilidade.
Pereira quixo destacar a importancia do ecosistema dixital galego en todo este proceso cun hipersector TIC integrado por máis de 3.000 empresas e 24.000 traballadores e que prevé a creación de 4.500 postos de traballo nos vindeiros cinco anos. Salientou que é preciso reter talento e impulsar a especialización neste ámbito, algo que se prevé na EDG2030 a través dos Nodos 5G, de IA e ciberseguridade, así como cos hubs de innovación dixital e a posta en marcha da Cidade das TiC como polo de innovación de referencia nacional e internacional. Fixo especial fincapé en que a especialización do sector tecnolóxico será chave para o aproveitamento dos fondos europeos para a dixitalización
Finalmente, destacou que para avanzar en todos estes obxectivos a AMTEGA conta este ano cun orzamento de 210 millóns de euros, cun importante incremento grazas á converxencia no tempo dos dous períodos do Marco Financeiro Plurianual da UE e os fondos extra do Next Generation, que veñen apoiar a dixitalización como motor da recuperación económica.


Vídeo coa intervención de Mar Pereira

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?