Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 78 docentes asesorarán aos colexios e institutos para a súa transformación tecnolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

78 docentes asesorarán aos colexios e institutos para a súa transformación tecnolóxica

Redacción
Publicado: 15/11/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20211115_rede_galega_educacion_digital_01.jpgEsta mañá tivo lugar a primeira xuntanza da Rede Galega de Educación Dixital, un equipo integrado por 78 centros educativos e outros tantos docentes para impulsar a transformación dixital do sistema educativo que vén de constituír a Xunta de Galicia, presidindo esta reunión o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a directora da AMTEGA, Mar Pereira.
O titular de Educación do Goberno galego destacou no encontro en Compostela a importancia do labor desta rede na implementación do Plan Dixital de Centro na medida en que este será «o manual propio e intransferible que deberá seguir cada centro para avanzar na súa transformación dixital». Tamén salientou que os obxectivos educativos para os vindeiros anos están dirixidos a «sacarlle o máximo rendemento» ao uso das tecnoloxías dixitais nas aulas e «conseguir que as escolas sexan organizacións educativas dixitalmente competentes».
Pola súa banda, Mar Pereira puxo en valor a rede de mentores que hoxe empeza o seu percorrido e que, co acompañamento da Rede de asesores de Abalar, debe deseñar o plan para que cada centro saque o mellor aproveitamento das plataformas e tecnoloxías dixitais. A directora da AMTEGA destacou que as competencias e a educación dixital son eixos prioritarios da Estratexia Galicia Dixital 2030. Entre as súas medidas, está en marcha un plan de infraestruturas dixitais con máis de 130 millóns de euros que reforzará as plataformas, dotará todos os centros dunha conectividade de 1Gbps, ao 100% dos espazos educativos de Wi-Fi de alta velocidade e actualizará o equipamento de alumnos e profesorado.
Precisamente para acadar o reto do coñecemento, da innovación e da transformación tecnolóxica foi deseñada a Estratexia Educación Dixital 2030 da Xunta de Galicia cun investimento de 120 millóns de euros e cun conxunto de accións coordinadas e planificadas con especial fincapé na incorporación de estratexias docentes e novas tecnoloxías pedagóxicas enfocadas á transformación dixital.

Reforzo de docentes especializados

20211115_rede_galega_educacion_digital_02.jpgUnha das accións da Estratexia é o Plan Dixital de Centro (dotada con 19,2 millóns de euros) que leva aparellado a posta en marcha da Rede de Educación Dixital agora constituída con 78 centros integrantes e que exercerán de mentores para o conxunto dos centros sostidos con fondos públicos de Galicia.
Isto leva asociado tamén a contratación de 78 docentes especialistas no ámbito dixital (a razón de un por centro baixo a coordinación de dúas persoas da Consellería) que acompañarán aos centros educativos no proceso de deseño, elaboración e implementación do seu Plan Dixital, que deberá estar totalmente operativo o vindeiro curso 2022-23.
Á súa vez, estes 78 docentes estarán organizados en 26 equipos de atención dixital aos centros estruturados en 14 ámbitos xeográficos, a razón de cinco na provincia da Coruña, dous na de Lugo, dous na de Ourense e outros cinco na de Pontevedra.
No que atinxe ao Plan Dixital de Centro, no presente curso os centros deberán comezar coas primeiras fases de elaboración, cunha análise da situación real e de diagnose de debilidades, ameazas e fortalezas para a súa aprobación definitiva polos respectivos consellos escolares de cada centro a finais de curso. A previsión é que o documento estea totalmente pechado para a súa aplicación efectiva no vindeiro curso 2022-23.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?