Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Destaca o crecemento do uso da Internet entre os galegos de máis idade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Destaca o crecemento do uso da Internet entre os galegos de máis idade

Redacción
Publicado: 15/11/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

computador_ordenador_tramites_online_teclado.jpgSegundo os datos publicados hoxe polo INE sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2021, o 90,2% dos galegos usa a Internet, rexistrando a menor diferencia coa media estatal do rexistro histórico. Por idades o 100% dos galegos de 16 a 34 anos empregan a Internet, por riba da media estatal, e o crecemento máis importante rexistrouse no tramo de idade de 65 a 75 anos cun 21% fronte ao 5,2% de crecemento estatal, o que permite reducir a fenda en preto de 8 puntos neste franxa.
Ademais, segundo a análise realizada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), dependente da AMTEGA, máis do 93% dos fogares galegos teñen servizo de Internet contratado, unha porcentaxe que se mantén en todos os concellos de máis de 10.000 habitantes e que nos concellos de máis de 100.000 xa supera o 95%. O crecemento máis desatacado prodúcese nos municipios con menos de 10.000 habitantes, que por primeira vez superan a barreira do 90% de fogares con conexión contratada.

Contidos
  • Comercio electrónico
  • Administración dixital
  • Tele Escola. Nenos de 6 a 15 anos

Comercio electrónico

O 52,5% da poboación galega mercou a través da Internet nos últimos tres meses, un crecemento do 11,2% respecto ao ano anterior fronte ao crecemento do 2,6% que experimenta a media estatal. Este pulo ao comercio electrónico localízase especialmente nas persoas de máis idade, xa que crece un 43,2% no tramos de 55 a 64 anos e case se triplica no de 65 a 74 anos.
Os datos do INE constatan que as compras a través de Internet superan o 68% entre as persoas de 16 a 34 anos e acadan o seu valor máis elevado entre as persoas de 35 a 44 anos cun 73,7%.

Administración dixital

Con respecto aos indicadores de administración electrónica, un 70,7% dos internautas galegos comunicáronse coas Administracións a través da Internet, experimentando un crecemento do 7,6% no último ano. Cabe salientar que un 56,8% é un usuario avanzado no ámbito da administración dixital e envía formularios cumprimentados a través da Internet.

Tele Escola. Nenos de 6 a 15 anos

Tele Escola é un módulo novo incorporado polo INE nesta edición. Este concepto refírese á asistencia a clase ou realización doutro tipo de actividades docentes, a través da Internet (de forma total ou parcial), impartidas por parte dos profesores habituais do seu centro educativo e referidas ao curso académico (neste caso 2020/2021) mediante o uso de medios e sistemas informáticos, telemáticos e de telecomunicación desde un lugar diferente á escola.
O 92,6% dos nenos galegos de 6 a 15 anos conviven en fogares que dispoñen dos medios ou recursos suficientes (Internet, equipamento informático,…) que farían posible a asistencia a clases ou actividades de Tele Escola.
O 44,8% dos nenos galegos de 6 a 15 realizaron ou asistiron a clases ou actividades en liña de forma total ou parcial no tres últimos meses. Pola súa banda, o 46,9% non asistiu a estas clases aínda tendo recursos no fogar, xa que non eran obrigatorias ou non se impartían no seu curso académico 20/21.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?