Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PuntoGal colaborará co Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

PuntoGal colaborará co Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade

Redacción
Publicado: 19/11/2021
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

acto-museo-do-pobo.jpgO Museo do Pobo Galego e PuntoGal asinaron un convenio de colaboración polo que o dominio colaborará activamente cos obxectivos do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). Este programa ten por obxectivo principal a dixitalización, catalogación e difusión do patrimonio inmaterial galego que o Instituto de Estudos das Identidades do museo puxo en marcha en abril de 2007. Entre outras accións, o dominio realizará unha achega económica e colaborará na difusión do proxecto.
O APOI é un arquivo público e accesible que ofrece gravacións orais e musicais e os datos necesarios para poñelas no seu contexto cultural. O repositorio conta con fondos de natureza moi diversa, como relatos, adiviñas, música, poesía ou baile, así como información relacionada musicolóxica, lingüística ou etnográfica. Igualmente, consta o traballo de campo no que se obtivo cada ficheiro, os datos do informante, o entorno xeográfico e temporal, o uso ou ocasión e os datos do compilador. Toda esta información verquése nunha única base de datos, accesible para toda a cidadanía.
O traballo que se realiza no arquivo inclúe o inventario dos soportes físicos, a transcrición, o estudo teórico das pezas, a súa catalogación e difusión. Accesible en liña, os seus contidos son axeitados para o estudo, a investigación da nosa cultura tradicional, a docencia e mesmo o lecer. Trátase dunha base de datos que recupera e garda a memoria do pasado para convertela nunha ferramenta para o futuro.
O acto de sinatura do convenio tivo lugar en San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, coa presenza do presidente de PuntoGal, Manuel González e o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi.
Durante a súa celebración, o presidente do padroado do Museo, Justo Beramendi, expresou o seu agradecemento a PuntoGal por este apoio ao Museo do Pobo Galego e concretamente ao esforzo que ven realizando o APOI por preservar e difundir unha parte fundamental da nosa identidade diferenciada. E manifestou que feitos como este, no que colaboran dúas entidades cos mesmos obxectivos básicos, son motivo de ledicia, un incentivo máis para continuar no longo camiño de desenvolvemento e revitalización da persoalidade galega.
Pola súa banda, o presidente de PuntoGal, Manuel González, dixo que “Moitas veces identificamos “cultura” con escritura, e pensamos que unha persoa culta é aquela que mellor dominio ten da escritura e dos contidos transmitidos a través dos textos escritos. Esta non deixa de ser unha visión totalmente reducionista do que significa “cultura”, porque o patrimonio cultural da humanidade foi construído e difundido ao longo da historia de maneira oral. De aí a importancia que ten preservar e dar a coñecer os contos, os etnotextos, as cantigas, as adiviñas, a poesía popular e todas as expresións orais que refliten os modos de vida da nosa sociedade, e que explicitan os trazos máis importantes da nosa identidade. O patrimonio cultural oral é un herdo que temos que conservar e preservar, porque é unha riqueza para a nosa comunidade, pero tamén para a humanidade enteira”. Nese sentido, “PuntoGal, que ten entre as súas finalidades a da defensa da nosa identidade e a de dar a coñecer esta a través do ciberespazo, non tivo ningunha dúbida en apoiar o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do MPG, unha institución que nos seus anos de vida leva demostrado ano tras ano ser un baluarte na defensa e difusión das diversas manifestacións da nosa cultura popular”.
O director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, destacou a “relevancia dun proxecto estratéxico para a recuperación da memoria do país que encaixa á perfección coa filosofía e os obxectivos fundacionais de .GAL”. A iniciativa, que supón unha das achegas máis importantes que fai o dominio no seu programa corporativo, súmase a outras que contan coa colaboración de PuntoGal, como o certame de relatos organizado coa Real Academia Galega, as escolas de fútbol gaélico, o respaldo á creación de contidos en galego no ámbito das novas tecnoloxías ou os premios Spin-Off de innovación. Janeiro afirmou que “este programa de colaboracións é unha das nosas tres liñas de actuación fundamental, xunto coa comercialización dos dominios e a representación de Galicia nos foros da rede a nivel internacional. Sen embargo, o apoio a proxectos coma este é o que lle da verdadeiro sentido á existencia de PuntoGal”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?