Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC e o ITG desenvolverán un centro de excelencia internacional en IA e drons na Cidade das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC e o ITG desenvolverán un centro de excelencia internacional en IA e drons na Cidade das TIC

Redacción
Publicado: 09/12/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

udc_itg_3.jpgO reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o director Xeral do Instituto Tecnológico de Galicia (ITG), Carlos Calvo, asinaron esta mañá un acordo para a cesión dun espazo na Cidade das TIC para a creación dun Centro de Excelencia en Investigación e Desenvolvemento de referencia internacional no ámbito da Intelixencia Artificial e as TIC orientadas ao desenvolvemento dos Sistemas Aéreos Non Tripulados (drons), denominado Galaxy-lab.
O convenio asinado hoxe na Reitoría, que terá unha vixencia inicial de dez anos prorrogables, concreta a cesión da nave número 14 (garaxe) da Cidade das TIC para a instalación deste Centro de Excelencia Internacional, Galaxy-lab, destinado á experimentación con drons no ámbito do transporte de pasaxeiros e mercadorías en zonas urbanas, así como para demostración e proba de produtos para empresas.
A Universidade da Coruña tamén achegará a este proxecto o seu coñecemento e investigación punteira en Intelixencia Artificial, realizada no Centro de Investigación TIC (CITIC), o maior centro de investigación en Intelixencia Artificial de Galicia.
Será por conta de ITG a realización das obras, adquisición de infraestruturas así como o mantemento e conservación do edificio cedido. O Instituto Tecnológico de Galicia asinou a principios deste mes un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia mediante o cal o Goberno galego achegará algo máis da metade do investimento previsto para a posta en marcha do proxecto Galaxy-lab, con preto de 580.000 euros dos 1,16 millóns de euros de custe total. Este orzamento permitirá o desenvolvemento dunha rede de seguridade, adquisición de equipamento específico e licenzas necesarias para realizar as probas de experimentación.
O proxecto Galaxy-lab permitirá reforzar a fortaleza competitiva do Polo Aeroespacial de Galicia e avanzar no despregamento do sistema de xestión do tráfico aéreo non tripulado deseñado pola UE, axustar os sistemas de xeoposicionamento e coordinar un espazo aéreo controlado real. Tanto o reitor, Julio Abalde, como o director do ITG, Carlos Calvo, coincidiron en sinalar que este laboratorio forma parte da estratexia da Xunta de Galicia referente aos avións non tripulados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?