Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone presenta unha solución comercial virtual e interactiva a través da 5G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone presenta unha solución comercial virtual e interactiva a través da 5G

Redacción
Publicado: 10/12/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vodafone_5g_reality_51735564876_74653dfd48_o.jpgVodafone presentou hoxe Vodafone 5G Reality, o primeiro servizo virtual interactivo creado en España no que os clientes poderán gozar de experiencias completamente inmersivas. Trátase dunha iniciativa na que a operadora leva traballando máis dun ano e que aproveita as vantaxes da súa rede 5G en velocidade e latencia.
Vodafone 5G Reality poderase gozar desde o smartphone, con lentes de realidade aumentada e con lentes de realidade virtual, adaptando a experiencia en función do dispositivo. Xa se está empezando a probar cos primeiros clientes e abrirase ao público xeral no primeiro semestre de 2022.
Con Vodafone 5G Reality os usuarios poderán mergullarse nun mundo diferente onde poderán vivir aventuras e ser os protagonistas da historia. Así, poderán asistir xunto aos seus amigos a concertos, gravarse xunto aos seus famosos preferidos desde o seu salón, viaxar polo mundo, aprender en familia, gozar de experiencias de adrenalina ou relaxarse baixo un ceo de estrelas, todo de maneira virtual.
vodafone_5g_reality_51735796998_03baf468f3_o.jpg«O metaverso é un dos conceptos tecnolóxicos máis populares do momento e en Vodafone levamos traballando durante máis dun ano para ofrecer aos nosos clientes a primeira experiencia real. Tras o estudo que levamos a cabo, potenciamos a funcionalidade social xa que era unha prioridade para os nosos clientes, permitíndolles crear o seu propio avatar e interactuar cos seus amigos en tempo real. Para lograr que a experiencia sexa óptima, é necesario contar cunha rede 5G de alta calidade como a que posúe Vodafone, que permita altas velocidades e latencias moi baixas», sinalou Marta de Pablos, directora de Marketing 5G en Vodafone España.
Esta plataforma, creada en colaboración con Virtual Voyagers e Optiva Media, é unha contorna aberta que permite a integración de contido local e internacional doutros provedores e empresas, que, ademais, poderán facer uso do novo espazo Vodafone 5G Lab para os seus desenvolvementos. Desta forma, Vodafone aspira a converterse en axente habilitador do futuro da Internet.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?