Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aplicación AsisT.gal recibe o Premio Senda Iniciativa Pública
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aplicación AsisT.gal recibe o Premio Senda Iniciativa Pública

Redacción
Publicado: 14/12/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

asiste_capturas.jpgA aplicación da Xunta AsisT.gal, recibe o Premio Senda Iniciativa Pública, que se entrega hoxe en Madrid e que recollerá o director de Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais da AMTEGA, Víctor Coladas. AsisT.gal foi concibida como unha aplicación de apoio á rede de coidadores das persoas que viven soas. É unha ferramenta impulsada pola da AMTEGA en colaboración coa Consellería de Política Social para facilitar ás persoas maiores ou con necesidades especiais que non viven acompañadas un contacto constante a través do móbil coa rede de servizos sociais e co seu círculo de coidadores.
A crise da COVID-19 evidenciou, aínda máis, a importancia dos sistemas e recursos de monitoraxe no fogar para persoas maiores ou con necesidades especiais que viven soas, de aí a importancia de complementar estes servizos con iniciativas esta, que se enmarca no proceso de extensión da Historia Social Única Electrónica,
A aplicación, que está dispoñible en Android e que se publicará en breve en iOS, permite un acceso seguro a través da plataforma da Xunta Chave 365. Ademais, dispón dun asistente virtual e de capacidades de comunicación coma o emprego de pictogramas para facilitar o seu uso.
AsisT.gal ofrece diferentes funcionalidades de comunicación entre a persoa que require dos coidados e aquelas ás que invite como coidadoras. Poden intercambiar chamadas telefónicas e mensaxes dun xeito sinxelo e conta cunha opción de chamada de emerxencia que comunica directamente coa persoa designada como coidadora principal, ao tempo que avisa da chamada ao resto de coidadores
Dispón de funcionalidade de axenda con alertas para eventos como citas médicas ou horarios para a toma de medicacións, con posibilidade de xestión remota da mesma por parte da persoa coidadora
En canto á monitoraxe, a aplicación permite empregar a información de localización do móbil, para informar se é necesario de que a persoa coidada está fora da súa zona de seguridade e mesmo para axudala a voltar a súa casa ou sitios de referencia
Ademais, obtén datos de actividade obtidos a través de wearables, como a frecuencia cardíaca, actividade ou o sono, a través da posibilidade de conexión da app con Google Fit. Permite, así mesmo, establecer umbrais nestes parámetros de actividade para lanzar alarmas no caso de que se superen, que reciben as persoas coidadoras.
A descarga e o uso da aplicación AsisT.gal é gratuíto e as persoas usuarias pasan a dispoñer dunha Historial Social Única Electrónica que contribúe a mellorar a súa calidade de vida e á recepción da axuda e asistencia que requiran en cada momento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?