Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentan dous novos pilotos 5G orientados ao rural galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentan dous novos pilotos 5G orientados ao rural galego

Redacción
Publicado: 14/12/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

agroamb_1.jpgO municipio lugués de Castro de Rei acolleu hoxe a presentación de dous novos casos de uso da tecnoloxía 5G que demostran as vantaxes que achega o 5G na mellorar da calidade de vida e a economía en instalacións agrícolas e zonas rurais.
No primeiro dos pilotos, desenvolvido por Orange, Agroamb, Ericsson e Qampo a instalación de sensores conectados mediante IoT 5G nos campos de cultivo, unidos á utilización de mapas satelitais, permite obter información puntual sobre o estado da explotación agraria. Desta forma e grazas á correlación de parámetros agronómicos, ambientais e satelitais, os técnicos poden coñecer en tempo real as necesidades de auga, fertilización, etc., dos seus campos, planificando así de forma óptima o coidado destes e optimizar o rendemento dos seus cultivos e das distintas colleitas.
Pola súa banda, o segundo dos pilotos, que se leva a cabo sobre a rede 5G de Orange coa colaboración de Ericsson, ten como fin impulsar a dixitalización da contorna rural a través da mellora da conectividade que proporciona o 5G naquelas zonas nas que é máis difícil a instalación de fibra óptica. A través dunha solución coñecida como FWA e que utiliza a rede 5G coma se fose unha rede de fibra óptica ata o fogar, mellórase o acceso móbil e a experiencia dos usuarios a redes ultrarrápidas en poboacións rurais, permitíndolles así gozar de servizos que, a día de hoxe, soamente están dispoñibles con accesos de rede fixa de última xeración.
agroamb_2.jpgAmbos casos de uso, que xa están operativos, foron presentados hoxe nas instalacións da empresa Agroamb en Castro de Rei, coa presenza do director de Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez; o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias; o alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado; o director de Servizos Públicos Dixitais de Red.es, Francisco Javier García; a directora adxunta de Servizos Públicos Dixitais, María Fernández,; o Ceo de Agroamb, Serveriano Ónega; o xerente de Qampo Francisco Huidobro xunto co manager de Orange Zona Norte Öscar Aragón, e o Responsable GG CC Zona Norte Jesús Costoya.
Estes proxectos enmárcanse no Plan Nacional 5G, o programa para o desenvolvemento de proxectos piloto de tecnoloxía 5G que executa Red.es, impulsado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e para a execución do mesmo en Galicia formouse unha UTE composta por Orange, cinfo, Gammera Nest e Optar Solutions e outras entidades colaboradoras.

Galicia, territorio 5G cun preto de 30 casos de uso

Galicia foi a primeira comunidade en poñer en marcha un Plan 5G. Este posicionamento contribuíu o Ministerio de Economía e Transformación Dixital concedese dúas subvencións aos operadores Telefónica e Orange para realizar proxectos presentados polos operadores Telefónica e Orange para realizar pilotos 5G en Galicia. Estas iniciativas, sumadas ás impulsadas polo Nodo do Plan Galicia 5G, impulsado desde a Xunta, no que participan estes operadores xunto con Vodafone, suman 29 casos de uso baseados 5 G por un importe de 22 millóns de euros.
Galicia xa rexistrou algúns fitos importantes en torno ao 5G como ser o territorio escollido a nivel mundial para unha conexión 5G en roaming, ou que Vigo e A Coruña fosen das primeiras cidades europeas en contar con estas redes ultrarrápidas sen fíos.
Actualmente dos 29 pilotos 15 están completados, 12 na recta final e os restantes en desenvolvemento, comprobando os usos innovadores desta tecnoloxía na atención sanitaria, a educación, a xestión de incendios e emerxencias, o turismo, a industria ou a automoción entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?