Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta avaliará o novo marco ético e normativo para a adopción da intelixencia artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta avaliará o novo marco ético e normativo para a adopción da intelixencia artificial

Redacción
Publicado: 15/12/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20211215_mar_pereira_fgpgy8fwqaerzxj_detalle.jpgA directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, anunciou hoxe que a Xunta porá en marcha un estudio en colaboración con grupos de traballo das tres universidades de Galicia para avaliar o novo marco ético e normativo que require a adopción da Intelixencia Artificial. O anuncio realizouse na sesión sobre Unha estratexia en IA para a empresa galega do Foro Tecnolóxico integrado no Foro Económico de Galicia, que se desenvolveu hoxe no Centro de Estudos Avanzados, en Santiago de Compostela.
A directora da Axencia informou de que o estudo sobre o marco ético e normativo é unha das medidas que forman parte da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial (EGIA) aprobada polo Consello da Xunta o pasado mes de xuño. A EGIA mobilizará máis de 330 millóns de euros nesta década e xerará un impacto na creación de riqueza duns 472 millóns de euros.
Mar Pereira lembrou que a UE vai a dedicar máis de 1.000 millóns de euros ao ano á Intelixencia Artificial, e que estes investimentos vanse a acelerar coa aplicación do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. Neste sentido, manifestou que estas previsións de investimentos «obrigan a facer unha reflexión sobre como adaptar o noso marco normativo, dentro do marco competencial, que nos corresponde como rexión europea». Invitou, así mesmo, a afrontar «unha reflexión sobre os límites e as regras do xogo á hora de afrontar esta tecnoloxía nos diferentes ámbitos públicos e privados».
Tamén se está a traballar no modelo de integración de Galicia no Espazo Europeo de Datos. Tamén como parte da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial, Mar Pereira referiuse ao Acordo Marco que permitirá poñer en marcha actuacións por importe de 30 millóns de euros para a adopción da intelixencia artificial no ámbito público a través da iniciativa GobTech.
Mar Pereira reiterou a importancia de avanzar no modelo de colaboración entre as Administracións Públicas, o sector privado e o coñecemento, así como na adaptación da formación aos novos perfís profesionais. Lembrou que Galicia está entre as comunidades nas que unha maior porcentaxe de empresas contratan especialistas en Intelixencia Artificial. Máis dun 7 por cento das empresas de Galicia aplica solucións de Intelixencia Artificial.
Por último, a directora da Axencia destacou a importancia de que Galicia participe nos proxectos estratéxicos do Estados nos que a Intelixencia Artificial xogue un papel destacado. Puxo como exemplo o Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) da Nova Economía da Lingua, que inclúe tanto ao español como ao resto das linguas oficiais. Mar Pereira lembrou que Galicia solicitou formalmente ao Estado desenvolver un papel activo a través do proxecto Nós, que busca facilitar o desenvolvemento de aplicacións baseadas na intelixencia artificial e tecnoloxías da linguaxe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?