Coa incorporación do libro Un Lugo de cine de Manuel Curiel Fernández, publicado polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, dentro da Biblioteca da Semana de Cine de Lugo, a Biblioteca Virtual de GaliciaDigital consegue rematar 2021 sumando un total de 250 libros na súa plataforma dixital.
Esta biblioteca en liña recolle obras de poesía e narrativa, ensaio e reportaxe, en galego ou español, achegadas de xeito desinteresado para facilitar o acceso de balde a unha literatura de proximidade. Levan preto de 5 anos incorporando unha publicación á semana, facilitando así a divulgación das obras reproducidas por vontade dos seus autores, entre as que se atopan tanto creacións antigas como recentes.
A Biblioteca Virtual de GaliciaDixital chega ás 250 obras
Compartir Este Artigo
