Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha oficina técnica asesorará ás entidades locais e administracións públicas en ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha oficina técnica asesorará ás entidades locais e administracións públicas en ciberseguridade

Redacción
Publicado: 29/12/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

logo_csirt_2.jpgTelefónica e a AMTEGA asinaron un contrato polo que se creará unha oficina técnica que asesorará ás entidades locais e administracións públicas en ciberseguridade, e levarán a cabo acciones de concienciación e formación en ciberseguridade dirixidas a funcionarios públicos, empresas privadas e colectivos sociais e educativos.
Este é o primeiro contrato derivado do Acordo Marco de servizos de ciberseguridade asinado entre a Xunta de Galicia e Telefónica no mes de novembro, e que trata de dar unha resposta global ás necesidades de ciberseguridade de administracións, colectivos empresariais e cidadáns galegos. En virtude deste amplo acordo, Telefónica, sempre baixo a dirección de AMTEGA, poñerá en marcha distintos servizos, para cuxa execución destinará a profesionais altamente cualificados tanto no ámbito técnico como normativo.
A creación da oficina técnica é, efectivamente, a primeira acción derivada deste Acordo Marco, pero haberá máis. Contémplase tamén a creación dun portal web, www.csirt.gal, a través do cal se achegará información de alto valor en materia de ciberseguridade, e que servirá de guía a cidadáns, empresas, administracións e colectivos educativos, poñendo á súa disposición vídeos formativos, campañas de concienciación, infografías ou alertas de interese.
Entre os servizos especializados en ciberseguridade que se contemplan neste acordo inclúense ademais servizos de monitoraxe da rede mediante sondas de tráfico e firewalls de última xeración, xestión e seguimento de eventos de ciberseguridade, servizos de ciberinteligencia e consultoría de alta especialización en seguridade da información e dos datos persoais.
Poñeranse en funcionamento tamén ferramentas para medir o nivel de ciberseguridade das entidades públicas galegas, o que permitirá establecer comparativas con outras comunidades autónomas ou sectores de actividade, sentando así as bases para posibles accións de mellora. Tamén se poñerá en marcha un servizo de monitoraxe, análise e xestión continua de vulnerabilidades, que permitirá detectar as fendas de seguridade existentes nos sistemas e actuar sobre elas de xeito preventivo.
Entre as accións previstas no Acordo Marco (dotado con 5,9 millóns de euros e cunha duración de dous anos, máis outros dous de prórroga), está a realización de ciberejercicios de adestramento en ciberseguidad para o persoal das organizacións, co obxectivo de elevar o seu nivel de coñecemento na materia e a súa capacidade de reacción #ante un incidente. Ademais, poñeranse en marcha servizos de formación, concienciación e talento que incluirán campañas a través de diferentes medios e redes sociais, e que se reforzarán con vídeos formativos e actividades dirixidas a colectivos sociais, pemes, funcionarios públicos, colectivos educativos (pais, ampas, profesores e menores) e colectivos en risco de exclusión. Nesta liña de formación e concienciación, Telefónica organizará distintos eventos en materia de seguridade da información, ciberseguridade e protección de datos persoais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?