Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Praza do Obradoiro pódese visitar de xeito inmersivo grazas á 5G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Praza do Obradoiro pódese visitar de xeito inmersivo grazas á 5G

Redacción
Publicado: 11/01/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20220111_5g_obradoiro_02.jpgSantiago de Compostela acolleu hoxe a presentación dun dos preto de 30 pilotos 5G que se están a desenvolver en Galicia, unha solución innovadora con aplicación no ámbito turístico que permite realizar visitas virtuais á Praza do Obradoiro desde calquera lugar do mundo en tempo real grazas á instalación de cámaras de 360 graos, situadas nun lugar destacado dese punto chave do turismo na cidade, retransmítese imaxes de moi alta resolución da praza e da fachada da catedral ás que, ademais, se aplican técnicas de realidade virtual, o que proporciona ao usuario a sensación dunha visita real.
Calquera persoa con cobertura 5G poderá visualizar desde a súa tableta ou dispositivo móbil as imaxes en 360 graos en tempo real e con realidade aumentada, de xeito que terán a sensación de trasladarse á mesma Praza do Obradoiro.
20220111_5g_obradoiro_01.jpgA directora da AMTEGA, Mar Pereira, que participou na presentación xunto co alcalde de Santiago Xosé Sánchez Bugallo; o director de Servizos Públicos Dixitais de Red.es, Francisco Javier García, e o responsable de Relacións Institucionais da Zona Norte de Orange, Óscar Aragón, lembrou que Galicia foi a primeira comunidade que aprobou un plan para facilitar a extensión da tecnoloxía 5G.
Este posicionamento contribuíu a que o Ministerio de Economía e Transformación Dixital concedese dúas subvencións ás propostas presentadas por Orange e Telefónica de realizar pilotos 5G en Galicia que, xunto ás que se promoveron desde o Nodo do Plan Galicia 5G, suman preto 30 casos de uso desta tecnoloxía en Galicia cun importe de 23 millóns de euros e no que participan arredor de 40 entidades.
A día de hoxe o 70% destes casos de uso están completados e o resto na recta final. Son usos innovadores desta tecnoloxía aplicados ámbitos como a atención sanitaria, a educación, na xestión de incendios, a industria, na automoción no audiovisual ou o turismo, entre outros.
Neste sentido, Mar Pereira sinalou que o seguinte paso será a avaliación destes 30 casos de uso para ver as posibilidades de incorporalos á dinámica dos servizos públicos e dos diferentes sectores produtivos.
Por outra banda, a directora da AMTEGA lembrou que a Xunta vén de lanzar un acordo marco de 30 millóns para incorporar o uso das tecnoloxías disruptivas ao sector público, incluíndo unha fase inicial de pilotaxe e avaliación e unha fase posterior de implantación e despregamento. O compromiso é que a tecnoloxía que se incorpore debe pasar, previamente, unha fase de avaliación que garanta non só a súa utilidade senón a súa sustentabilidade futura

Galicia, territorio 5G

20220111_5g_obradoiro_03.jpg A directora da AMTEGA destacou que na Comunidade conformouse un ecosistema e un contexto que favoreceu a aposta dos operadores por Galicia para desenvolver as súas iniciativas de 5G e que permitiu, por exemplo, que formamos o territorio escollido para a primeira conexión 5G en itinerancia a nivel mundial ou que Vigo e A Coruña foron das primeiras cidades de España en contar con redes 5G.
A responsable autonómica recalcou que a Administración autonómica fixo unha forte aposta para que Galicia aproveite as posibilidades da 5G “porque esta é a tecnoloxía sen fíos do futuro, que permitirá as mesmas prestacións que a fibra e polo tanto é unha tecnoloxía clave para mellorar a conectividade nun territorio como o noso caracterizado pola dispersión e a complexidade orográfica”. Neste sentido, lembrou o compromiso do Estado, de acordo coas liñas establecidas pola UE, de lograr que en 2025 o 100% da poboación teña acceso a unha conexión de 100 Mbps.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?