Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O uso da Internet entre as mulleres supera por primeira vez ao dos homes en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O uso da Internet entre as mulleres supera por primeira vez ao dos homes en Galicia

Redacción
Publicado: 17/01/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

muller_portatil_tecleando.jpgPor primeira vez en 2020 non se observan diferenzas de xénero no uso da Internet en Galicia. Neste ano, a comunidade rexistrou un 87,8% usuarias da Internet nos últimos tres meses fronte ao 87,5% dos homes. Ademais, o uso da Rede entre as mulleres galegas supera nun punto porcentual a media da Unión Europea.
En termos evolutivos, a fenda de xénero no uso da Internet nos tres últimos meses era de 3 puntos porcentuais en 2016 e foi reducíndose paulatinamente ata anularse por primeira vez en 2020. Atendendo á idade, o uso d Internet entre as mulleres supera ou iguala á porcentaxe de homes no tramo de idade de 35 a 65 anos.
comparativa_fenda_xenero.jpgSon as conclusións dos resultados do informe A Sociedade da Información desde unha perspectiva de xénero, que publica hoxe o OSIMGA, adscrito á AMTEGA.
Este informe analiza comparativamente os principais indicadores que definen as diferenzas de xénero no uso das tecnoloxías en Galicia, a partir de datos obtidos no marco do convenio asinado co Instituto Galego de Estatística.

Contidos
  • O uso de dispositivos dixitais
  • Uso da Internet, o comercio electrónico e a eAdministración

O uso de dispositivos dixitais

Na actualidade, en Galicia non se rexistra fenda de xénero algunha no uso de dispositivos electrónicos (teléfono móbil con capacidade de acceso a Internet, ordenador de sobremesa, portátil, tableta…). O 91,4% das galegas fronte ao 91,2% dos galegos utilizaron estes dispositivos nos últimos tres meses. Os resultados amosan que o uso deste tipo de dispositivos é igual ou superior entre as mulleres galegas de máis de 34 anos de idade.

Uso da Internet, o comercio electrónico e a eAdministración

O 87,8% das mulleres utilizaron Internet nos últimos tres meses, incrementándose así 2,5 puntos porcentuais nun ano e superando por primeira vez aos homes.
A proporción de mulleres que compran a través da Rede tamén creceu en 6,2 puntos porcentuais no último ano, ata acadar o 57,1%. Compran máis as mulleres pola Internet ata os 45 anos, e invértese a tendencia nas idades máis elevadas. Non obstante, en termos globais, a porcentaxe de homes que compran a través da Rede en Galicia é superior en 2,9 puntos á que se rexistra entre as mulleres
Con respecto ao uso da eAdministración desde a perspectiva de xénero, as diferenzas son mínimas. As mulleres están a un punto porcentual no uso da rede dos homes para a obtención de información, descarga e entrega de documentación ou obtención de documentos persoais.
Tres de cada catro mulleres que usan internet obteñen información das Administracións Públicas e máis do 70% descargan e envían formularios oficiais cumprimentados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?