Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 3D Click gaña o Venture on the Road en Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

3D Click gaña o Venture on the Road en Vigo

Redacción
Publicado: 21/01/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

venture_on_the_road_fjkkfa9wyaa_ou3.jpg3D Click foi a startup seleccionada como gañadora na quinta edición de Venture on the Road en Vigo, que ten como obxectivo buscar as mellores startups en fase semente. O evento itinerante está organizado por SeedRocket, BStartup de Banco Sabadell, e Wayra, o hub de innovación aberta de Telefónica, aos que se suma nesta edición como colaborador Google for Startups.
Tras as súas últimas paradas nas cidades de Xixón e Sevilla, o roadshow volveu renovarse este xoves no Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo. Nesta edición, Venture on the Road mantén os seus obxectivos: buscar o mellor dealflow de cada rexión e dar a posibilidade ás startups en fase semente de presentar o seu proxecto ante investidores e xerar un networking de calidade.
Para levalo a cabo, Venture on the Road sempre se apoia da experiencia e coñecemento do ecosistema local. Nesta ocasión, Venture on the Road Vigo contou coa colaboración dunha amplísima representación do ecosistema emprendedor de Galicia grazas ao Círculo de Empresarios de Galicia, Startup Galicia e XesGalicia, o brazo investidor da Xunta de Galicia.
cartelgeneral_vor_vigo22.jpg Nesta edición, os 4 proxectos finalistas foron:
– Innogando, empresa que nace co obxectivo de dixitalizar o sector gandeiro proporcionando as tecnoloxías necesarias para que os gandeiros poidan sacar a maior rendibilidade das súas granxas e coidar a calidade de vida tanto dos animais como dos seus propietarios.
– Authusb, startup especializada en crear solucións innovadoras no campo da ciberseguridade. Trata de cubrir necesidades que o mercado aínda non cobre. Un dos seus produtos máis coñecidos é Safe Door, unha solución que permite ás organizacións afrontar todas as ameazas derivadas do uso de dispositivos de almacenamento USB.
– 3D Click, startup que ten como obxectivo a optimización dos procesos de personalización e o ciclo de vendas. Por iso, desenvolveron unha plataforma para que os equipos de vendas e márketing poidan personalizar calquera packaging en 3D en liña e á vez poidan validar rapidamente estes proxectos cos seus clientes.
– Perfect Numbers, proxecto que nace coa idea de dar resposta á crecente demanda de solucións orientadas á Industria 4.0. Por iso, como base para algunhas das súas solucións, utiliza tecnoloxías disruptivas como o Internet das Cousas ( IoT), o Big Data ou a Intelixencia Artificial. Conta cunha ampla gama de dispositivos e aplicacións que se interconectan entre si para monitorar máquinas e procesos en tempo real.
No acto tamén participou Rafa Garrido, emprendedor e investidor con máis de 20 anos de experiencia, coñecido por fundar xunto a Iñaki Arrola Vitamina K, unha SCR para investir en startups con base tecnolóxica en fase semente. Nesta ocasión, foi o encargado de ofrecer un relatorio acerca de como as startups poden conseguir investimento. Deulles consellos moi útiles sobre o que normalmente adoitan buscar os investidores e o que teñen en conta ao investir.
3D Click, a startup gañadora de Venture on the Road en Vigo, formará parte do programa de nativos dixitais de Google Cloud Platform con $10,000 en créditos válidos durante 9 meses e seguimento técnico cos enxeñeiros de Google Cloud; así como acceso preferente a formación avanzada dos programas de training de Google Cloud Platform. Ademais, xa ten un posto na final nacional que se celebrará no mes de xuño en Madrid.
O gañador da final do V Venture on the Road recibirá como premio asesoramento especializado en finanzas ou márketing por valor de 3.000 euros ofrecido por BStartup, participación como proxecto convidado no Campus de Emprendedores de SeedRocket e un espazo de 6-12 meses nas oficinas de Wayra, así como acceso aos seus obradoiros e formacións. Ademais, o gañador final desta V edición será parte do programa de nativos dixitais de Google Cloud contando con ata 25.000 dólares en créditos válidos durante 9 meses, revisión de arquitectura e seguimento técnico cos enxeñeiros de Google Cloud; así como acceso preferente a formación avanzada dos programas de training de Google Cloud Platform + acceso a Google for Startups Campus Madrid durante 6 meses.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?