Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova edición do concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nova edición do concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal

Redacción
Publicado: 28/01/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

220128_presentacion-relatos-gal_1000181.jpgA Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan a quinta edición do certame de microrrelatos que crearon en 2018 co obxectivo de reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital. O prazo de presentación dos textos, dun máximo de 200 palabras, permanecerá aberto durante o mes de febreiro, cadrando coa campaña de promoción de PuntoGal que permitirá rexistrar un dominio .gal para dous anos a un prezo de 15 euros máis IVE. As entidades organizadoras agardan repetir e mesmo mellorar o éxito de participación das edicións anteriores do certame, ao que se presentaron ata o momento máis de tres mil historias escritas por persoas de todas as idades.
Nesta edición volveranse repartir nove premios, tres en cada unha das categorías distribuídas por idades co propósito de facilitar a participación de todo o público. Na infantil poderán participar nenos e nenas de ata 11 anos; na xuvenil, mozos e mozas de 12 a 17 anos; e na de adultos, calquera persoa maior de idade.
A participación canalizarase a través dun novo sitio web, que facilitará a entrega dos textos e a cobertura dos formularios requiridos. O prazo para concursar permanecerá aberto do 1 ao 28 de febreiro de 2022. As persoas gañadoras recibirán distintos premios tecnolóxicos —ordenadores, consolas, lectores electrónicos de libros— e relacionados coa lectura. As bases completas e a lista de premios están dispoñibles na páxina web do concurso. As historias premiadas serán publicadas nas páxinas das dúas entidades organizadoras e na edición en papel da revista Luzes.

Iniciativas para a xente nova e a proxección da lingua

O presidente da Real Academia, Víctor F. Freixanes, e o presidente de PuntoGal, Manuel González González, e o seu director xeral, Darío Janeiro, presentaron esta mañá na sede da Academia a nova edición do concurso. Víctor F. Freixanes subliñou a estratexia que duns anos para acó vén desenvolvendo a RAG a prol da creatividade nos novos espazos da comunicación, cunha atención especial á xente nova que se plasma en iniciativas coma esta. “Cada tempo histórico ten a súa maneira de crear e de expresarse. A lingua galega é unha lingua do século XXI e como tal cada día ocupa máis espazo nas redes sociais, nas tecnoloxías da comunicación, nas plataformas da globalización, na produción audiovisual… Son desafíos e, ao mesmo tempo, oportunidades que non podemos deixar pasar. Este concurso de microrrelatos, que cada ano ten maior aceptación, é a expresión deste tempo novo, resultado dunha alianza importante: por unha banda a memoria histórica que representa a Academia, co seu traballo científico e o seu patrimonio; por outra banda, o universo da cultura dixital, encarnado na Asociación PuntoGal, que invita a todos os galegos e galegas a incorporarse a estas novas formas da modernidade”, expresou.
Manuel González González salientou que o concurso é xa “unha referencia anual esperada polos creadores galegos, tanto autores literarios xa consagrados como afeccionados á escrita que teñen unha idea e que se atreven a darlle forma literaria dunha maneira breve e sintética”, e puxo tamén o acento na importancia do seu atractivo para a xente nova. “Todos teñen cabida neste concurso aberto ao conxunto da sociedade, e que ten unha formidable acollida en persoas de todas as idades. Pero a nós prodúcenos unha especial satisfacción a participación dos sectores máis novos da nosa poboación, a mocidade e a infancia, por canto accións deste tipo promoven e asentan unha vinculación afectiva e instrumental da nosa lingua como medio de expresión das súas experiencias e da súa creatividade. E isto é fundamental para PuntoGal, que, amais de xestionar o dominio .gal, ten como unha das súas finalidades fundamentais o fomento da lingua galega en todos os ámbitos e a súa instalación como vehículo habitual de expresión da nosa xente”, explicou. “A lingua é o principal sinal de identidade dos galegos, e o sentido máis profundo que ten o noso dominio .gal é precisamente o de reforzar e dar a coñecer esta identidade dentro do Universo, por iso a asociación PuntoGal sempre fomentará iniciativas que camiñen nesta dirección”, concluíu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?