Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC e NTT DATA crean a Cátedra de Diversidade e Tecnoloxía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC e NTT DATA crean a Cátedra de Diversidade e Tecnoloxía

Redacción
Publicado: 03/02/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

catedra_ntt_udc_1.jpg_1799089551.jpgA Universidade da Coruña e a empresa NTT DATA, sexta compañía de servizos TIC do mundo, asinaron hoxe na Reitoría o convenio de creación da Cátedra de Diversidade e Tecnoloxía, posta en marcha este mesmo mes de febreiro co obxectivo de fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura en xeral.
O reitor, Julio Abalde, e o director das oficinas de Galicia e Asturias de NTT DATA, Alberto Borrego, firmaron o acordo de creación desta nova Cátedra que toma o relevo da Cátedra de Transformación Dixital, creada hai catro anos pola antiga Everis (hoxe NTT DATA) e a UDC. Segundo comentou Abalde, esta Cátedra permitirá, entre outras cousas, traballar no impulso de vocacións tecnolóxicas femininas. “É moi importante que haxa mulleres tecnólogas que contribúan no deseño da tecnoloxía e os traballos do futuro, se non é así, será un futuro no que non participa a metade da poboación”. O director das oficinas de Galicia e Asturias de NTT DATA, Alberto Borrego, sostivo que esta Cátedra reforza o compromiso de NTT DATA coa transformación dixital de Galicia. “Queremos apostar polo talento diverso e inclusivo, o pensamento creativo e con impacto, a autonomía na toma de decisións e a capacidade para traballar en equipo”, subliñou durante a firma do convenio coa UDC.
A Cátedra NTT DATA de Diversidade e Tecnoloxía supón un avance nos obxectivos tanto da empresa como da Universidade coruñesa na inclusión e a diversidade á vez que contribúe á mellora económica e social e á atención á diversidade, como elemento fundamental nos campos da ciencia e a cultura. O profesor Luis Hervella será o director da Cátedra. Hervella foi director da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC durante dous anos e decano da Facultade de Informática de 2013 ata o ano 2021.
No plan de actividades previsto pola Cátedra destaca a colaboración no deseño e impartición de programas de formación; organización de xornadas sobre atención específica á diversidade en títulos de campo STEM; promoción de estudos tecnolóxicos entre estudantes preuniversitarios, atendendo a toda a súa diversidade; formación para a creación de empresas de base tecnolóxica ou para a explotación dos resultados da investigación ou a organización de visitas á sede de NTT DATA, entre moitas outras.

Seminario UNIQA para habilidades directivas e marca persoal

Dentro do marco de colaboración entre NTT DATA e a UDC xorde UNIQA, un seminario feminino dirixido ao impulso das habilidades directivas e a marca persoal nas novas tecnoloxías e os traballos de futuro. Esta iniciativa, que comezará o próximo 12 de febreiro, busca impulsar o peche da brecha existente nas carreiras científicas e tecnolóxicas. Segundo datos do Ministerio de Educación, só o 26% das estudantes optan por este tipo de itinerarios, a pesar de que máis da metade do alumnado universitario, o 54%, é feminino.
Con esta colaboración e actividades como UNIQA, ambas as institucións apuntan ao incremento da presenza feminina nas vocacións científico-tecnolóxicas, aliñándose cos obxectivos da Unión Europea neste campo da educación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?