Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CIFP As Mercedes crea unha aula de tecnoloxía aplicada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CIFP As Mercedes crea unha aula de tecnoloxía aplicada

Redacción
Publicado: 18/02/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cifp_as_mercedes_robotica.jpgA Consellería de Cultura, Educación e Universidade incorporou no Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) As Mercedes de Lugo unha aula de tecnoloxía aplicada con equipamento de creación, reprodución e visión de realidade virtual e realidade aumentada ou sistemas robóticos, entre outras dotacións.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou as novas instalacións, que foron reformadas e equipadas cun investimento de 50.000 euros. Xa dispoñen de dous simuladores funcionando e están comezando a usar un robot colaborativo logo de que esta semana recibiran formación sobre o seu manexo por parte da empresa instaladora.
Este proxecto enmárcase na aposta da Xunta por avanzar na dixitalización e na calidade que se ofrece na FP galega, estreitando o vínculo entre Formación Profesional e empresa como vía para dar un valor engadido á preparación que os estudantes acadan nos ciclos formativos.
Neste sentido, que o alumnado poida simular desde os propios centros de ensino procesos produtivos reais favorece que acade unhas mellores competencias de cara á súa incorporación ao centro de traballo e, polo tanto, redunda nun maior beneficio para a empresa que o incorpore no mercado laboral; tamén facilita que faga realidade a súa propia idea de negocio.
A aula estará a disposición do alumnado das catro familias profesionais do CIFP As Mercedes: Comercio e márketing, Instalación e mantemento, Enerxía e auga e Transporte e mantemento de vehículos. Grazas ás técnicas virtuais e interactivas poderán traballar en diferentes escenarios, dende a animación de espazos comerciais ata a montaxe de instalacións frigoríficas ou instalacións solares térmicas ou o mantemento correctivo dun motor de turbina de avión.
Arias destacou que As Mercedes é un dos 78 centros galegos que forman parte da recentemente creada Rede Galega de Educación Dixital, que naceu este curso ao abeiro do Plan Dixital de Centro da Consellería de Educación.
Esta iniciativa implica acompañamento profesional e específico en todo momento a través de 78 docentes cunha dedicación completa e exclusiva a esta función, a razón de un para cada un dos centros baixo a coordinación de dúas persoas da Consellería de Educación.
Igualmente, o instituto lucense é un dos que se beneficiará da nova Estratexia de FP Galicia 2030, que contempla un investimento de 900 millóns de euros nos próximos tres anos para consolidar unha rede de centros de excelencia e personalizar estas ensinanzas.
O delegado territorial subliñou o traballo da Consellería “pola mellora constante dos contidos, os métodos da aprendizaxe e a confortabilidade e eficiencia das instalacións dos centros de ensino público”. Ao respecto, lembrou que vén de acometerse unha obra de urbanización no recinto deste instituto, na que se investiu 25.000 euros. Implicou a regularización do chan, renovación do pavimento e pintado de marcas viarias e zona de aparcamento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?