O centro GaiásTech da AMTEGA vén de activar o seu xemelgo dixital, que permite visitar virtualmente as súas instalacións dun xeito moi realista e interactivo a través dunha contorna 3D. Ademais, o xemelgo permite visualizar o equipamento dispoñible do centro, así como as últimas actividades realizadas, consultar as futuras ou reservar algún dos sete espazos de traballo que ofrece GaiásTech.
Pódese acceder ao xemelgo desde calquera dispositivo a través da web do GaiásTech e solicitar a través del, mediante un formulario, os servizos habituais dispoñibles no centro, como a organización de actividades públicas.
O xemelgo dixital súmase así aos servizos que o GaiásTech ten xa en marcha para as empresas e a cidadanía co obxectivo de fomentar a transformación dixital e amosar as tecnoloxías disruptivas.
O xemelgo dixital é unha tecnoloxía disruptiva que representa unha contorna ou un obxecto físico, que ten numerosas aplicacións en diferentes ámbitos, coma visitas en realidade virtual ou seguimento dos procesos nunha planta industrial. Os xemelgos tamén poden entidades dinámicas, capaces de aprender, actualizarse e comunicarse cos seus homólogos físicos grazas ao intercambio de datos que se dá ao entre ambos, todo apoiándose en tecnoloxías coma IA, aprendizaxe automática e IoT. Outra das utilidades dos xemelgos virtuais é poder facer fronte a diversos problemas antes de que estes se presenten, ademais de explorar novas oportunidades e planificar para o futuro.
O Centro Gaiastech activa o seu xemelgo dixital
Compartir Este Artigo
