Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis dun cento de estudantes resolven retos de ciberseguridade na CITIC Cyber Competition
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis dun cento de estudantes resolven retos de ciberseguridade na CITIC Cyber Competition

Redacción
Publicado: 23/02/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

citic-cyber-competition01.jpgO Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña e atlanTTic da Universidade de Vigo acolleron a CITIC Cyber Competition – C3TF, unha competición celebrada simultaneamente en ambos centros de investigación e de forma online, que reuniu a máis de 100 estudantes para resolver retos de ciberseguridade. A Cátedra R en Ciberseguridade e o MUNICS (Máster Inter-Universitario en Ciberseguridade) colaboraron no evento.
citic-cyber-competition02.jpg O C3TF tivo a finalidade de promover o desenvolvemento das habilidades en seguridade informática de estudantes de calquera nivel educativo. Así, déronse cita estudantes de bacharelato, Formación Profesional, Grao e Máster, organizados nun total de 33 equipos. Durante 4 horas, enfrontáronse a 22 retos nos ámbitos da esteganografía, a criptografía, forense, entre outras categorías.
citic-cyber-competition04.jpgA CITIC Cyber Competiton premiou aos tres equipos gañadores con galardóns de 1000, 700 e 300 € cada un. O equipo que máis puntuación obtivo foi XORprecha, composto por José Ángel Álvarez Sánchez, Álvaro Manso Porteiro, Ismael Melchor Juan, Pedro Jose Navas Pérez e Esteban Segura Ripoll; o segundo premio acadouno o equipo El sindicato del flag, formado por Manuel Orois García, Olalla Rama García, Armando Nogueira Río e Gabriel Díaz Guimaraens; e o terceiro galardón foi para quackbomb, equipo conformado por Ignacio Borregán Naya, Daniel Feito Pin, Clara Barrios Hermida, Santiago Julio Iglesias Portela e Pablo Longueira Failde.
O acto de apertura contou coa presenza do director do CITIC da Universidade da Coruña, Manuel F. González Penedo; o director de atlanTTic da Universidade de Vigo, Martín Llamas Nistal; o vicedecano de Recursos Informáticos da Facultade de Informática da UDC, Carlos Fernández Lozano; e o director de R, Alfredo Ramos González. Todos eles coincidiron na importancia da ciberseguridade en numerosos aspectos da sociedade actual e na necesidade de apostar por actividades e eventos destas características que fomenten o interese por esta área de coñecemento entre as xeracións máis novas.
Os coordinadores do MUNICS na Universidade da Coruña e na Universidade de Vigo, Francisco Javier Nóvoa Manuel e Ana Fernández Vilas, respectivamente, interviñeron no acto de clausura para animar aos participantes a decantarse por este programa de estudio especializado para continuar a súa formación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?