Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Proban en Vigo as posibilidades da 5G para desenvolver solucións Smart Campus
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Proban en Vigo as posibilidades da 5G para desenvolver solucións Smart Campus

Redacción
Publicado: 09/03/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

orange_vigo_5g_02.jpgA Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo foi escenario hoxe dunha nova experiencia ao redor da tecnoloxía 5G co obxecto de probar os beneficios deste novo estándar das telecomunicacións para desenvolver solucións de seguridade e Smart Campus nos recintos de ensino.
A proba, que levan a cabo Orange, Ericsson e Optare Solutions para a Universidade de Vigo, desenvólvese no marco aplicación do programa para o desenvolvemento de proxectos piloto de tecnoloxía 5G, que executa Red.es, co apoio, neste caso, da AMTEGA.
A través das experiencias que están a desenvolver as distintas entidades participantes neste piloto, puidéronse confirmar as vantaxes que achega a tecnoloxía 5G en termos de inmediatez ou número de dispositivos conectados en termos de seguridade e control do tráfico nos accesos e instalacións da universidade.
Así, por exemplo, grazas á tecnoloxía 5G pódese identificar, en tempo real, ás persoas acreditadas para acceder ao recinto protexido da universidade, activando de forma inmediata os servizos de alarma e gravación de imaxes en caso de accesos non autorizados. Para a realización destas probas, fíxose uso de drons, que permiten realizar vixilancia e recoñecemento, e grazas á rede 5G de Orange, enviar e procesar rapidamente a información recibida dos seus cámaras co fin de tomar decisións áxiles #ante a detección de eventos inesperados.
As prestacións avanzadas da tecnoloxía 5G pódense aplicar tamén ao desenvolvemento de solucións Smart Campus, grazas á súa aplicación á medición do tráfico de transeúntes e vehículos no recinto universitario, facilitando así unha xestión intelixente dos recursos e instalacións.
orange_vigo_5g_01.jpg Ao acto de presentación deste caso de uso asistiron: por parte de AMTEGA, Miguel Rodríguez Quelle, director da área de Sociedade Dixital; por parte de Red.es, Francisco Javier García Vieira e María Fernández Rancaño, director e directora adxunta de Servizos Públicos Dixitais; en representación da Universidade de Vigo, o vicerreitor Manuel Ramos Cabrer; por parte de Orange, Óscar Aragón e Jesús Costoya, director territorial de Relacións Institucionais e responsable de Grandes Contas de Orange en Zona Norte, respectivamente; e, finalmente, en representación de Optare Solutions, Luís Alves, director xeral da firma.
Todos eles sinalaron a facilidade que ofrece a tecnoloxía 5G para a transferencia tecnolóxica e acceso entre universidades e empresas facilitando un mellor aproveitamento dos espazos e a seguridade de todo tipo de recintos con gran afluencia de persoas, como son os educativos.
Este proxecto enmárcase no Plan Nacional 5G, o programa para o desenvolvemento de proxectos piloto de tecnoloxía 5G que executa Red.es, impulsado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e para a súa execución en Galicia formouse unha UTE composta por Orange, cinfo, Gammera Nest e Optare Solutions e outras entidades colaboradoras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?