Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Desenvolven un piloto 5G para Albo que facilite o soporte remoto
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Desenvolven un piloto 5G para Albo que facilite o soporte remoto

Redacción
Publicado: 16/03/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

albo_orange_5g.jpgOrange, Ericsson e Suigéneris desenvolven un piloto de soporte remoto con tecnoloxía 5G para Albo que permite ao operario recibir instrucións dun experto en tempo real mediante unha aplicación instalada en calquera tipo de wearable (lentes, reloxo, tableta, móbil), a través da cal é posible superpoñer a información enviada polo especialista á imaxe real mostrada na pantalla. Deste xeito, ademais dun diagnóstico máis rápido e eficiente guiado por persoal especializado, o operario pode aumentar a eficacia e seguridade no seu traballo ao realizar as súas actividades segundo vai recibindo a información.
A través dunha aplicación, conectada á rede 5G, o operario pode recibir a información que necesita do experto na súa pantalla en distintos formatos e executar as tarefas de forma simultánea. Para iso, este especialista pode guiar ao operario mediante streaming (audio e vídeo), documentos, imaxes e fotos ou mesmo a través un punteiro móbil de realidade aumentada, capaz de identificar os distintos puntos da pantalla nos cales executar algunha tarefa.
Para as probas deste caso de uso definíronse dúas fases. Na primeira delas, utilízase a rede 5G NSA ( non stand-alone) comercial de Orange e, na segunda, analízanse as capacidades da 5G grazas a unha solución SA (stand-alone) que Orange despregou de forma exclusiva para o proxecto. Para estas últimas probas, utilizáronse smartphones 5G de Xiaomi, que colaborou no proxecto desenvolvendo un software específico para os terminais adaptado ao caso de uso.
Na demostración do caso de uso nas instalacións de Albo estiveron presentes Francisco Javier García Vieira, director de Servizos Públicos Dixitais na entidade pública Red.es; e Yong Wang e Hu Deng, conselleiros delegados de Albo, acompañados de Juan Francisco Montáns e David González, director de Produción e RRHH e CIO da firma conserveira, respectivamente.
Tamén asistiron á demostración Óscar Aragón, director territorial de Relacións Institucionais de Orange, xunto a Amelia Sánchez e Jesús Costoya, responsables, respectivamente, de Despregamento de Rede e de Grandes Contas da operadora en Zona Norte. Finalmente, por Suigeneris estivo presente, Javier Balbuena Pumarega, director de Desenvolvemento de Produto.
Esta experiencia enmárcase no Plan Nacional 5G, o programa para o desenvolvemento de proxectos piloto de tecnoloxía 5G que executa Red.es, impulsado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e para a súa execución en Galicia formouse unha UTE composta por Orange, cinfo, Gammera Nest e Optar Solutions e outras entidades colaboradoras.
O obxectivo deste Plan, que ten continuidade na Estratexia de Impulso á Tecnoloxía 5G, é estimular a definición e implantación de múltiples casos de uso desta tecnoloxía a través da constitución dun ecosistema de socios tecnolóxicos, que unirán os seus esforzos co fin de acelerar o proceso para facer realidade nun futuro próximo a chamada economía dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?