Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Turismo de Santiago incorpora á súa web as opcións Dog Friendly da capital galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Turismo de Santiago incorpora á súa web as opcións Dog Friendly da capital galega

Redacción
Publicado: 16/03/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

santiguau_santiago.jpgTurismo de Santiago, entidade dependente do Concello, vén de ampliar a súa páxina web coa incorporación da sección Santiguau, un apartado no que visitantes e composteláns atoparán os hoteis e establecementos hostaleiros coa etiqueta Dog Friendly. A novidade foi presentada polo concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, que estiveron acompañados pola xornalista e cómica Sara Escudero.
Segundo o edil, “o obxectivo non é outro que dar resposta a unha demanda que cada día medra máis”. Sindo Guinarte salientou a boa aceptación que tivo entre moitos establecementos a iniciativa, “sendo cada vez máis os que queren ter o selo Dog Friendly“.
turismo_de_santiago_santiguau.jpg A xerente de Turismo de Santiago explicou que son case 25 os hoteis adheridos e preto de vinte os restaurantes e bares da cidade que permiten entrar con mascotas. Ademais, a web inclúe un espazo onde se indican onde están as zonas caninas da cidade, ou plans para un día con animais. Na sección inclúense outras opcións como residencias caninas, mesmo por horas, transportes, comercios ou praias para cans.
Sara Escudero, autora do libro El CaNino de Santiago, quixo respaldar esta nova iniciativa de Turismo de Santiago, tras a súa experiencia facendo a Ruta Xacobea co seu can. A actriz e presentadora agradeceu este tipo de accións para os turistas que sempre contan coa súa mascota á hora de viaxar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?