Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Startup Congress Galicia 2022 celebrarse presencialmente en Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Startup Congress Galicia 2022 celebrarse presencialmente en Vigo

Redacción
Publicado: 17/03/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

startup_congress_galicia_2022.jpgO Startup Congress Galicia celebrarase os vindeiros días 31 de marzo e 1 de abril de 2022 en Vigo, en dúas intensas xornadas nas que o Consorcio Zona Franca de Vigo (Rúa do Areal, 46) acollerá a todas as aceleradoras galegas e a máis de 50 fondos de investimento nacional ao redor dun amplo programa de charlas e tres salas simultáneas con relatorios, keynotes, entrevistas, mesas de debate, pitches de investimento e entrega de premios aos tres mellores proxectos emprendedores.
Ademais, este ano realizaranse charlas sectoriais onde se debaterá entre actores de cada sector sobre o futuro de diversas áreas. O evento terá prazas limitadas para a asistencia presencial, pero poderá ser seguido por todos a través de diversas canles de streaming.
Estará presente Hugo Arévalo, de JobTalent e ThepowerMBA. Entrou en fase seed en Glovo, JobandTalent e Cabify, tres das catro primeiras empresas unicornio (compañías de capital privado −non cotizada− cuxa valoración superou os 1.000 millóns de dólares) de España.
Estará Luís del Pozo, CEO de Legalitas, enxeñeiro de telecomunicacións que foi directivo de Jazztel e está decidido a revolucionar o sector legal sostendo que «queremos ser o Netflix dos avogados».
Nas mesas O futuro de… debaterase sobre como será a industria, o retail, a banca, a saúde, a loxística, a enerxía, a open innovation e mesmo o deporte con representantes destacados destes ámbitos. Expoñerán en mesas de debate as súas visións sobre os cambios que se produciron e estanse producindo, ofrecéndonos as súas expectativas sobre que nos depara o futuro nestes sectores.
Durante a tarde do xoves 31 e a mañá do venres 1, as aceleradoras Viagalicia, BFAero, BFAuto, Celta Labs, Abanca Innova, BFFood, High Tech Auto e Connector Startp Accelerator presentan as súas mellores empresas aceleradas a un extenso grupo de investidores. Dispoñerán, así mesmo, de espazos particulares para expoñer as súas necesidades e interese para atopar capital e poder sacar adiante a súa idea.
A partir de medio día do venres, o Startup Congress Galicia acollerá a clásica LaconNetwork, que xorde en xaneiro de 2010 como unha concentración espontánea de emprendedores relacionados coas TIC. O que comezou coa desculpa dunha comida informal, que cada último venres de mes reunía a emprendedores que construíron o seu modelo de negocio sobre a Rede, foi crecendo e evolucionando nun evento con máis de 1.000 asistentes rexistrados. O modelo está baseado en que calquera pode organizar unha Lacon mensual na súa zona, baixo dúas premisas moi simples: cada un pagará o seu en modo fondo común e non se come sentado para propiciar o networking e a mobilidade dos asistentes. Desde o ano pasado, pasa a denominarse Startup Congress co obxectivo de chamar a atención de empresas e investidores no ecosistema emprendedor galego. É unha iniciativa da Asociación Galega de Emprendedores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?