Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta confía no potencial da computación cuántica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta confía no potencial da computación cuántica

Redacción
Publicado: 18/03/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20220318_computacion_cuantica_01.jpgO vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinalou hoxe que o Polo de Tecnoloxías Cuánticas no que traballa Galicia é unha oportunidade para que a I+D+i contribúa á recuperación sustentable e dixital, destacando que a gran achega da Comunidade é o talento das súas empresas e centros de coñecemento, entre os que se atopan as tres universidades e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
Conde participou en Pozuelo de Alarcón (Madrid) na presentación do Plan complementario de I+D+i en comunicacións cuánticas, nun acto presidido pola ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant. Tal e como se explicou no encontro, na execución do programa, ademais de Galicia, colaborarán as comunidades autónomas de País Vasco, Cataluña e Castela e León, ademais do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Ten un orzamento total de 73,5 millóns de euros, dos que 9,6 corresponden a Galicia (sendo 3,4 millóns de euros fondos da Xunta).
20220318_computacion_cuantica_02.jpg Na súa intervención, o vicepresidente económico sinalou que a iniciativa permitirá construír sinerxías territoriais, aliñar a execución dos fondos europeos ante o reto da transformación dixital e establecer prioridades comúns.
O Plan complementario supón unha oportunidade para involucrar ás empresas nas novas posibilidades que ofrece a segunda revolución cuántica, en eidos como a seguridades das comunicacións; o reforzo da computación, resolvendo problemas ata agora inabarcables e de grande interese; ou a construción de sensores cunha enorme sensibilidade. Isto permitirá resolver as demandas científico-técnicas de sectores que van desde a medicina á bioloxía, pasando polas telecomunicacións ou a propia industria.
Galicia prevé construír un laboratorio de investigación en comunicacións cuánticas, radicado en Vigo, que aspira a ser un referente a nivel nacional e internacional, e que contará co despregamento dunha primeira liña de comunicacións que unirá Vigo co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Trátase de todo un reto tecnolóxico que contribuirá ao despregamento posterior destas tecnoloxías de ciberseguridade a nivel nacional, e poñerá a España á vangarda da futura rede europea de comunicacións cuánticas.
Desde Galicia tamén se buscará impulsar as comunicacións aeroespaciais, comezando polo incremento da ciberseguridade de infraestruturas críticas; e consolidarase a liña de traballo teórica sobre seguridade e deseño de novos sistemas de comunicacións cuánticas.
A participación nestas iniciativas será a base para o polo galego de tecnoloxías cuánticas, chamado a xogar o papel de revulsivo de I+D+i nesta área de grande interese estratéxico. Nacerá cunha visión clara: conseguir un impulso disruptivo das tecnoloxías cuánticas en computación e comunicacións en Galicia para a mellora do coñecemento, o avance da tecnoloxía, e a recuperación económica.
Este Polo de Tecnoloxías Cuánticas apoiarase en catro piares: a Universidade, atraendo o talento e formando aos profesionais do futuro; os centros de I+D+i, que xerarán novo coñecemento, así como novos produtos e servizos baseados en tecnoloxías cuánticas; as empresas, coas que se traballará para impulsar a innovación e a utilización destas tecnoloxías; e a sociedade, que obterá novos servizos ofrecidos por estas tecnoloxías, e á cal haberá que dar a coñecer a súa utilidade e os beneficios alcanzados por investir nelas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?