Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta avoga pola innovación desde a colaboración público-privada para unha Galicia máis dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta avoga pola innovación desde a colaboración público-privada para unha Galicia máis dixital

Redacción
Publicado: 24/03/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20220324_conde_innovacion_01.jpgO vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, avogou hoxe por seguir impulsando a innovación desde a colaboración público-privada para consolidar unha Galicia máis verde e dixital, tal e como manifestou no acto de entrega dos II Premios á innovación galega, organizados por Vodafone e La Voz de Galicia e nos que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e pola directora da AMTEGA, Mar Pereira.
20220324_conde_innovacion_03.jpgDe feito, nesta edición recoñeceuse o labor da propia AMTEGA co galardón ao servizo á cidadanía, e na que tamén foron premiadas as empresas Eezon e Jealsa e a Abanca.
Conde salientou que en Galicia a innovación é relevante e necesaria tanto para o tecido empresarial como para a Administración polo modo en que axuda a mellorar a prestación dos servizos públicos. Nese sentido, mencionou os avances conseguidos coa aplicación das TIC ao sistema galego de saúde, ou proxectos como a Cidade das TIC e o Polo Aeroespacial de Galicia, que é o maior proxecto de Galicia en compra pública innovadora. Iniciativas, lembrou, que a Xunta presentou na recente misión comercial a Colombia.
Segundo dixo, no complicado escenario que estamos a vivir, a Xunta está concentrando todos os seus esforzos en aprobar medidas inmediatas para os sectores máis afectados pola crise, pero tendo moi presente os retos do medio e longo prazo como son a transición ecolóxica e dixital.
20220324_conde_innovacion_02.jpgNeste contexto, destacou que agora é o momento de facer da biotecnoloxía un sector estratéxico, non só para protexerse de futuras emerxencias sanitarias, senón tamén para impulsar un modelo económico máis verde e sustentable. Pola súa transversalidade e capacidade de adaptación, abondou, a industria biotech é unha panca de innovación que reactiva, potencia e valoriza sectores tradicionais. E, ao respecto, apuntou que a Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía 2021-2025 que a Xunta de Galicia deseñou para o sector (período no que se prevén mobilizar 660 millóns de euros) vai nesa dirección.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?