Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Instagrammers no Camiño volve para animar á mocidade a camiñar a Galicia este Xacobeo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Instagrammers no Camiño volve para animar á mocidade a camiñar a Galicia este Xacobeo

Redacción
Publicado: 28/03/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

caminha_a_galicia_01.jpgO vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presentou onte aos seis influencers que participarán na segunda edición da iniciativa Instagrammers no Camiño, unha campaña da Xunta para a animar á mocidade a través das redes sociais a camiñar a Galicia neste Xacobeo.
A Xunta volve apostar polo talento galego con profesionais con visibilidade nos medios de comunicación pero, sobre todo, con forte presenza nas redes sociais. De feito, os seis participantes suman 3,6 millóns de seguidores. Trátase da actriz Cristina Castaño, os cantantes Luis Cepeda e Roi Méndez e as influencers Natalia Maquieira, Tamara García Romero e Xurxo Carreño.
Xurxo Carreño repite a experiencia despois de camiñar o ano pasado xunto a Martiño Rivas, Gala González e Cristina Cerqueiras durante 4 etapas do Camiño Portugués da Costa. Nesta ocasión, os seis participantes realizarán os 100 últimos quilómetros da Vía da Prata desde Ourense en 5 etapas desde o 30 de marzo ata o 3 de abril e compartirán as súas vivencias diarias no Camiño nos seus perfís de Instagram baixo os cancelos #GaliciaDestinoSeguro e #CamiñaAGalicia.
caminha_a_galicia_03.jpgEstes seis talentos galegos no mundo do cine, a televisión, a música, o humor ou as tendencias converteranse en peregrinos e guías para os milleiros de seguidores que cada día están ao tanto dos seus pasos profesionais e as súas recomendacións. Así, serán os mellores embaixadores do Camiño e un apoio moi importante para chegar ás xeracións máis novas que máis empregan as redes sociais como ferramenta para comunicarse.
O vicepresidente primeiro da Xunta lembrou que a iniciativa mantén a súa esencia de transmitir a mensaxe de que Galicia está de moda e que é un destino seguro para desfrutar tanto como turista ou como peregrino da natureza, de espazos abertos e de pouca masificación como demandan na actualidade os visitantes.
Tamén recordou o éxito da iniciativa na edición anterior, posta en marcha de forma pioneira, e que acadou máis de 13 millóns de impactos procedentes dalgunha das publicacións que os participantes foron subindo ás súas redes durante a súa peregrinación.
caminha_a_galicia_02.jpgEsta iniciativa coincide co inicio da tempada alta deste Xacobeo 21-22 e coa proximidade de Semana Santa, polo que supón unha oportunidade para promover que Galicia está a celebrar un Ano Santo Dobre. Con esta acción, a Xunta segue a sumar iniciativas de promoción do destino Galicia, do Camiño a Santiago e do Xacobeo en todos os formatos e para todo tipo de público.
A continuidade de Instagrammers no Camiño únese á campaña Camiña a Galicia con banda sonora de Xoel López, que tamén foi todo un éxito, e ás campañas de promoción previstas a nivel internacional para atraer a turistas e peregrinos de todo o mundo. Ademais, habilitáronse recursos para as redes sociais (imaxes GIF e adhesivos), así como Cunchiña, a mascota do Xacobeo nas redes sociais.
Alfonso Rueda explicou que precisamente esta intensa labor de promoción contribuíu a que Galicia se convertera o ano pasado nun destino de moda situándose entre as comunidades con maior recuperación da demanda turística e superando en agosto mesmo as cifras prepandemia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?