Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O vindeiro curso incorporaranse 75 novos centros ao programa E-Dixgal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O vindeiro curso incorporaranse 75 novos centros ao programa E-Dixgal

Redacción
Publicado: 28/03/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

caderno_verde_sogama.jpgA Xunta de Galicia ten aberto o prazo para incorporar un total de 75 novos centros no curso 2022/23 a E-Dixgal, o maior programa de educación dixital, que conta con 55.000 alumnos participantes (o 50% do total dos cursos nos que se implanta) e que permite a alumnado do ensino galego estudar con este sistema de libro dixital durante seis cursos consecutivos.
Tras a ampliación do programa este curso aos dous últimos anos da ESO, o que supuxo case duplicar o número de estudantes beneficiados nesta etapa, a convocatoria deste 2022 trae novidades, especialmente no referido aos contidos dispoñibles para o proxecto.
Neste sentido, está prevista a licitación de recursos editoriais adicionais para 3º e 4º da ESO e tamén se presentarán os novos contidos de aulaPlaneta, cun importante redeseño tecnolóxico. Así mesmo, amplíase o catálogo da contorna virtual Dixit, que xa conta con 37 contidos innovadores a disposición da comunidade educativa.
Ademais, os centros participantes no programa E-Dixgal contarán cunha atención preferente na súa dotación de equipamento e conectividade, dentro da estratexia de execución do Plan Edu100 e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Asemade, está xa en marcha a evolución da conectividade dos centros educativos, pola que os centros públicos de Galicia contarán cunha conexión a Internet de 1Gbps, e coa cobertura Wi-Fi no 100% dos espazos docentes.

Contidos
  • Solicitudes
  • Equipamento e recursos

Solicitudes

Poderán participar no procedemento de selección desta convocatoria os centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que impartan no curso 2022/23 ensinanzas de 5º ou 6º de Educación Primaria ou de ESO. Os interesados deberán presentar un proxecto e comprometerase a utilizar os materiais dixitais como referencia para o desenvolvemento curricular. Se o centro conta con libros e outros materiais didácticos dixitais poderán empregarse como complemento ou apoio. Ademais, asumirán a ampliación progresiva do programa a toda etapa, en función de se o implantan en Primaria ou en Secundaria.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de abril e o procedemento realizarase a través da aplicación habilitada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Para os centros que están a participar no proxecto E-Dixgal durante o curso 2021/2022, considerarase automaticamente prorrogada a súa participación e non precisarán realizar unha nova solicitude como consecuencia do proceso de continuidade e consolidación do proxecto.

Equipamento e recursos

Enmarcado agora na Estratexia Educación Dixital 2030, E-Dixgal naceu como proxecto experimental no curso 2014/2015 coa intención de proporcionar aos centros educativos unha proposta integral para facilitar o desenvolvemento de proxectos de educación dixital, mediante a incorporación de materiais dixitais en 5º e 6º de Educación Primaria e en 1º e 2º da ESO, desde o curso 2021/22 tamén en 3º e 4º de ESO.
Os centros e aulas Abalar contan cunha conexión de datos con velocidade nominal mínima de baixada de 100 Mbps e contan cun kit de aula dixital composto por pizarra dixital interactiva, proxector e equipo no posto do profesor e conexión á rede de datos do centro. Ademais, cada alumno conta cun ordenador ultraportátil en réxime de préstamo para o seu uso.
Os participantes no proxecto poden acceder a unha plataforma de Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA) na que están dispoñibles tanto contidos editoriais diversos para as diferentes etapas como o repositorio de contidos do espazoAbalar que actualmente supera os 1674 recursos. A Xunta continúa traballando na ampliación deste material.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?