Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Marcelo Castelo impartirá un curso para axudar aos tecnólogos a crear un discurso único e influínte
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Marcelo Castelo impartirá un curso para axudar aos tecnólogos a crear un discurso único e influínte

Redacción
Publicado: 04/04/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

marcelo_castelo_falando.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza un curso práctico sobre Storytelling para tecnólogos impartido polo pensador, investigador e divulgador Marcelo Castelo. O obradoiro, de tipo presencial, impartirase os días 22 e 23 de abril e o 7 de maio no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago para un máximo de vinte persoas (venres de 16:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas).
Marcelo Castelo explica que este curso práctico de comunicación está deseñado para incrementar a credibilidade profesional do tecnólogo, aprendendo a sintonizar nas súas exposicións cos intereses do cliente interno e externo “sen perder a esencia profesional como técnico”, así como aumentar a capacidade para atraer e manter a atención, multiplicar a colaboración nos proxectos e conseguir máis influencia dentro e fóra da súa organización. “Axudarei a aumentar a credibilidade dos asistentes para que aprendan a sintonizar cos intereses dos seus interlocutores e para que se expresen con convicción, defendendo con eficacia os seus proxectos, produtos e servizos, ademais de coñecer como sacar o seu lado máis sedutor, aumentar a autoestima para afrontar diversas conxunturas, incrementar a súa seguridade persoal, lograr recoñecemento profesional, controlar as súas emocións ou fortalecer a súa capacidade de comunicación e liderado” –describe–. O último día do curso, cada alumno expoñerá un caso práctico. Todos os asistentes serán gravados durante o taller e recibirán unha valoración personalizada da súa exposición, destacando as súas fortalezas e áreas de mellora.
En tres xornadas impartirase este taller práctico, vivencial e participativo, que está dividido en catro fases: entender o medo escénico; pecados capitais a evitar; monta a túa propia historia; e a posta en práctica dos coñecementos. Está dirixido a directores técnicos das áreas de informática, comunicacións, seguridade ou I+D+i dunha compañía; directores científicos de mandos intermedios e departamentos especializados; responsables, coordinadores, consultores e asesores de departamentos técnicos; e administradores e programadores que teñan relación con clientes internos e externos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?