Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sector TIC galego creou preto de 1.400 postos de traballo en 2021
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sector TIC galego creou preto de 1.400 postos de traballo en 2021

Redacción
Publicado: 04/04/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

digitalent_bolsas.jpgO sector tecnolóxico galego creou 1.397 postos de traballo en 2021, o que supón un crecemento interanual do 7,2%, o incremento máis elevado dos últimos cinco anos cun total de 20.740 empregados. Galicia, con 2.961 empresas TIC, un 2,2% máis que no 2020, é a quinta comunidade autónoma por número de empresas tecnolóxicas galegas que xa achegan máis de 1.700 millóns de valor engadido bruto á economía galega, o 2,69% do PIB galego, segundo o último dato dispoñible de 2019,
Son parte das cifras que analiza o estudo Empresas TIC sobre a Sociedade da Información en Galicia. Edición 2021, elaborado polo OSIMGA en base aos últimos datos rexistrados do sector e a unha enquisa específica, onde se recollen os indicadores asociados a este Sector.

Contidos
  • Tecnoloxías Disruptivas
  • Conectividade, xestión empresarial e presenza na Internet
  • Actividades de I+D+i e formación en TIC
  • Ciberseguridade

Tecnoloxías Disruptivas

osimga_tecnoloxias_disruptivas.jpgA tecnoloxía disruptiva con máis presenza nas empresas TIC galegas é a Internet das Cousas (34,2%). Os sensores, etiquetas RFID ou IP, cámaras para a mellora do servizo e os medidores, lámpadas, e termóstatos intelixentes son os sistemas ou dispositivos que máis se utilizan no sector TIC galego.
O 28,7% das empresas TIC galegas utiliza ou incorpora aos seus produtos ou servizos bussiness inteligence e o 24,2% emprega chatbots. Cabe salientar que os chatbots tiveron un crecemento relativo do 44,9% pasando do 16,7% que acadou no 2020 ao 24,2% no 2021.
O 22,5% das empresas TIC galegas analizan big data e xa superan o 50% cando se trata de empresas de 10 ou máis empregados. Entre as empresas que utilizaron big data, o 34,4% utilizou ou método de aprendizaxe automática ou machine learning. Así mesmo, máis do 21% das empresas TIC galegas utilizan ou incorporan aos seus produtos ou servizos Intelixencia artificial. O 16,6% das empresas TIC emprega a realidade virtual e o 13,8% a Impresión 3D.
A utilización de robótica nas empresas TIC galegas aínda é incipiente. O 8,8% das mesmas utiliza robots, das cales o 62,9% utiliza robots industriais.

Conectividade, xestión empresarial e presenza na Internet

osimga_velocidade_conexion.jpgA porcentaxe de empresas TIC que conta con conexións a internet de máis de 100 Mbps acada o 81,6%, case un 7% máis que o ano anterior. A tecnoloxía de acceso a Internet máis contratada é a fibra óptica (72,3%), crece un máis dun 32% no último ano.
O 82,1% das empresas TIC galegas interactuaron coas administracións públicas a través da Internet e o uso da sinatura dixital xa está presente no 70,9% das empresas TIC galegas.
No último ano, a dispoñibilidade de páxina web entre as empresas TIC galegas incrementouse nun 9,5%, situándose no 86,5%, mentres que a súa presenza nas redes sociais incrementouse un 17,6% superando o 50%.
Os servizos de cloud computing afiánzanse no Sector TIC galego e son empregados polo o 58,7% de empresas TIC, un 6,9% máis ca o ano anterior.
Con respecto ao comercio electrónico, o 84,9% das empresas TIC en Galicia fixo compras de bens ou servizos a través de Internet, o que supón un incremento do 13,2% respecto ao ano anterior. O 31% das empresas TIC galegas venderon os seus produtos ou servizos a través da Rede e o peso das súas vendas respecto do seu volume de negocio foi do 56%.

Actividades de I+D+i e formación en TIC

Case un terzo das empresas TIC galegas (30,2%) levaron a cabo actividades de I+D+i durante os 3 últimos anos. Un 70% destas empresas obtivo resultados comercializables
O 34,3% do sector desenvolveu accións formativas tecnolóxicas para o seu persoal. Unha de cada catro empresas TIC galegas ten interese en formar en tecnoloxías disruptivas como intelixencia artifical ou big data.

Ciberseguridade

O 22,6% das empresas galegas dedicadas ás TIC sufriu un incidente de seguridade no último ano. Os intentos de estafa aumentan o peso no último ano ata o 59,3%, superando aos virus informáticos cun 30,5% de empresas afectadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?