Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta aproba a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) ata 2027
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta aproba a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) ata 2027

Redacción
Publicado: 08/04/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

feijoo_ris3.jpgAlberto Núñez Feijóo avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello da Xunta a aprobación da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) ata 2027, co obxectivo de acadar unha mobilización público-privada de preto de 5.000 millóns de euros, co dobre obxectivo de avanzar cara a unha Galicia sostible e dixital e unha sociedade comprometida coa investigación.
Logo de salientar que a nova estratexia mantén os grandes retos da anterior e centrarase na busca de solucións científico-tecnolóxicas para a sustentabilidade, na dixitalización e nas persoas para orientar os esforzos en I+D+i na alimentación, saúde ou no envellecemento, Feijóo detallou algunhas desas novidades. Entre elas destacou o establecemento de misións para apoiar entre 4 e 6 grandes proxectos transformadores, o reforzo da atención ás pemes para impulsar a innovación, o desenvolvemento da Marca Galicia en I+D+i e o fomento da incorporación da muller á innovación.
Nesa liña, referiuse ao obxectivo de triplicar no 2027 a porcentaxe de empresas innovadoras, tanto en produto como en proceso. “Queremos mellorar o posicionamento de Galicia no ámbito da I+D+i a nivel estatal e internacional”, abundou.
Máis polo miúdo e a curto prazo, o presidente da Xunta adiantou que a nova RIS3 prevé un investimento público privado de 1.600 millóns de euros entre 2022 e 2024 para levar a cabo os 5 programas nos que se divide esa fase: Completa e transfire, Integra, Persoas e talento, Innova e emprende e Posiciona.
Xa para concluír, Feijóo lembrou algúns dos avances acadados grazas á anterior RIS3 2014-2020, como o incremento nun 34% do investimento en I+D na comunidade, ou a concesión de 6.700 axudas que mobilizaron 1.900 millóns de euros en investimentos público-privados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?