Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta fomenta os novos perfís dixitais a través do Plan Digitalent
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta fomenta os novos perfís dixitais a través do Plan Digitalent

Redacción
Publicado: 11/04/2022
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

digitalent_2t_2022.jpgO Catálogo do Plan para a Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent, inicia o segundo trimestre do ano con máis de 20 actuacións programadas, nas que a AMTEGA suma esforzos coas empresas colaboradoras do Pacto Dixital para o fomento do talento dixital na infancia e a adolescencia e na xuventude, dúas das súas liñas de actuación principais.

Contidos
  • O liderado da AMTEGA no fomento e retención de talento
  • Iniciativas dirixidas á infancia e a adolescencia
  • Fomento dos novos perfís dixitais

O liderado da AMTEGA no fomento e retención de talento

Neste segundo trimestre do ano, a Axencia continúa o súa labor como instrumento estratéxico no desenvolvemento económico e social de Galicia en torno ás novas tecnoloxías. Neste caso, fomentando o talento dixital entre os mozos e mozas e preparándoos para as novas demandas dixitais.
En abril darán comezo os primeiros relatorios da categoría Profesional dos webinars TransformaTech Sessions un ciclo de encontros virtuais sobre tecnoloxías disruptivas liderados pola AMTEGA e dirixidos a profesionais, estudantes e titulados STEAM e outros perfís non tecnolóxicos interesados na materia. Así mesmo, terán lugar os da categoría Talento Xove co fin de implicar á mocidade coas novas tecnoloxías disruptivas e súa aplicación na rápida evolución dunha sociedade cada vez máis dixital.
Nesta liña, enfocado no ámbito do emprego, destaca tamén a continuidade do Portal Retorna Dixital, dirixido a recoller ofertas de emprego do sector TIC, ofrecendo oportunidades aos galegos e galegas retornados e aos que aínda seguen fóra de comezar unha nova carreira profesional neste sector en Galicia.
De cara aos máis pequenos e pequenas, levarase a cabo unha nova edición do programa Tecnólog@ por un día, que lles brindará a oportunidade de vivir unha xornada de traballo de primeira man no sector TIC galego. Tamén terá continuidade a iniciativa DigiCraft no teu cole, achegando as novas tecnoloxías ás novas xeracións.
Ademais, entre as novidades deste trimestre, a Asociación de Usuarios de Internet ven de poñer en marcha diferentes retos e concursos destinados tanto ao alumnado e profesorado de educación infantil, primaria e secundaria no marco do Día de Internet 2022, que este ano se celebra baixo a temática Internet para a as persoas maiores e o envellecemento saudable.
Con iso, a AMTEGA segue a poñer o foco na adaptación de estudantes e profesionais á demanda dos novos perfís dixitais ao tempo que continúa traballando na atracción e retención do talento dixital galego.

Iniciativas dirixidas á infancia e a adolescencia

Pola súa banda, Telefónica abre as inscricións para desfrutar das visitas ao Museo Didáctico das Telecomunicacións da Coruña. Orientadas a centros educativos, universidades e outros colectivos interesados, o obxectivo destas visitas dinámicas será facer un percorrido pola historia da telefonía e as comunicacións, explorando os equipos e dispositivos que foron dando servizo a través do tempo ata a actualidade.
Inetum activa os cursos de robótica, unha serie de obradoiros lúdico-formativos de programación de robots enfocados aos máis pequenos. A través do coñecido xoguete de pezas Lego, ensinarase aos participantes a programar certas accións co fin de fomentar a creatividade e as competencias e habilidades dixitais entre os mais novos e novas.
Ademais, de abril a xuño, continúan a desenvolverse as iniciativas para centros educativos lideradas por Altia, como GenTech, o programa de sesións dixitais sobre profesións tecnolóxicas, e as visitas guiadas polas instalacións do seu Data Center en Vigo. Nesta mesma liña, continúa aberta a nova edición do concurso DXC Iberia Codes de DXC Technology, na que a través da tecnoloxía Scratch, nenos e nenas de 5º de primaria ata 4º de secundaria compiten programando un videoxogo de aventuras centrado no desafío da loita contra o cambio climático.
Enfocado ao alumnado da ESO e Bacharelato, Televés está a celebrar talleres sobre tecnoloxía LED, deseño e impresión 3D ou robótica colaborativa, e a súa vez continúa co Mentoring Day, tratando de achegar aos rapaces e rapazas á realidade do mundo laboral da man dos seus profesionais.

Fomento dos novos perfís dixitais

Co fin de dotar á xuventude galega de maiores oportunidades de desenvolvemento profesional, durante os próximos meses continuará a posta en marcha de actuacións para a formación e a divulgación en torno ás novas tecnoloxías e aos avances disruptivos, de gran impacto no ecosistema dixital.
Neste senso, en liña con este eixe estratéxico, os vindeiros 22 e 23 de abril celebrarase no GaiásTech o VI Hackathon CEIN Big Data e Analytics, impulsado por DXC, no que universitarios, analistas ou emprendedores competirán para dar resposta a un desafío tecnolóxico no eido do Big Data e Analytics.
No ámbito universitario, R continúa a impulsar a Cátedra interuniversitaria galega en ciberseguridade, que ten como obxectivo formar a estudantes universitarios e profesionais e divulgar coñecemento sobre a mellora das competencias neste campo. Pola súa banda, NTT DATA recompensa o esforzo e o talento dos estudantes da Facultade de informática de A Coruña coa entrega do Premio ao mellor TFG aplicado, ao tempo que fomenta o contacto e o intercambio de coñecementos na comunidade universitaria de informática coa súa participación na edición XXVIII das Xornadas sobre a Ensinanza Universitaria da Informática do Congreso JENUI 2022.
Ademais, dende o primeiro trimestre, Altia, DXC Technology e NTT DATA xunto coa Amtega seguen a achegar ao estudantado universitario e de Formación Profesional ao mundo da empresa, impulsando a formación especializada a través de iniciativas como Altia FP Dual, AltiaStaging, Altia TechDay, o Observatorio DXC ou as actividades no marco dos Foros de Emprego Universitarios.
Toda a información sobre estas iniciativas, así como o resto de actuacións recollidas no catálogo DigiTalent encóntrase dispoñible no espazo web DigiTalent, que ofrece as datas, localizacións e instrucións para participar en constante actualización.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?