Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Grande éxito das xornadas virtuais de portas abertas da UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Grande éxito das xornadas virtuais de portas abertas da UDC

Redacción
Publicado: 13/04/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

entra-no-futuro_413169096.jpgA Universidade da Coruña organizou os pasados días 30 e 31 de marzo as Xornadas de Portas Abertas Virtuais co obxectivo de dar a coñecer a oferta formativa do próximo curso e achegar as facultades e escolas universitarias ao futuro alumnado. Por terceiro ano consecutivo, desde a Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade organizouse esta xornada virtual que tivo 5.414 visitas á páxina web de Portas Abertas e 6.551 usuarios na páxina web de Futuros Estudantes.
Para estas Xornadas, a Vicerreitoría que dirixe María José Lombardía promoveu a produción de vídeos protagonizados polo alumnado de cada un dos centros da UDC, nos que libremente expresaron as súas opinións sobre o título que estuda, o centro e a propia Universidade. Estes vídeos tiveron un total de 14.753 visualizacións e foron o eixo dunha campaña de difusión das Xornadas de Portas Abertas Virtuais en redes sociais que tivo un alcance de 50.658 usuarios. Os vídeos poden verse na canle da UDC en YouTube.
Ademais, debido ao éxito de participación, a UDC mantén activa a páxina web coa información de interese para o futuro alumnado. Así mesmo, todas as persoas interesadas en acceder á Universidade da Coruña teñen tamén unha web con información de interese.
A Xornada Virtual de Portas Abertas da UDC incluía no seu programa videoconferencias para coñecer as titulacións de grao, con chats en directo. Ademais, o estudantado podía participar nos diversos retos e obradoiros que algúns centros e servizos da UDC propuxeron para dinamizar a xornada aprendendo competencias e curiosidades didácticas. Ademais, o delegado da UDC na Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), entidade organizadora das probas de acceso ao sistema universitario galego (ABAU), Pedro Armas, impartiu dúas charlas virtuais para explicar como será a ABAU deste ano, así como para dar información sobre a preinscrición para o novo curso.


Selección de vídeos elaborados para as Xornadas de Portas Abertas Virtuais da UDC

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?