Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza a difusión dos primeiros resultados do Inventario Forestal Continuo de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza a difusión dos primeiros resultados do Inventario Forestal Continuo de Galicia

Redacción
Publicado: 18/04/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

inventario_forestal.jpgOs primeiros mapas e informes do Inventario Forestal Continuo de Galicia (IFCG) xa están dispoñibles para a súa descarga no portal web da Consellería do Medio Rural. Podemos atopar estes recursos na web, froito do labor desenvolvido ao abeiro do convenio de colaboración asinado entre a Xunta e as universidades de Vigo e de Santiago. En particular, poden consultarse os mapas de usos da cuberta para os concellos de Carral e Abegondo (A Coruña), Alfoz (Lugo), Laza (Ourense) e Oia (Pontevedra).
Así, a Universidade de Vigo complementa esta información con mapas de dispoñibilidade do recurso, incorporando variables como a forma, a superficie ou a pendente da parcela e mesmo a súa distancia a pistas e estradas, como posibles condicionantes na xestión dos bosques.
Doutra banda, a Universidade de Santiago de Compostela presenta uns informes detallados dos resultados obtidos no inventario piloto da rede base de parcelas forestais que se mediron ao longo do ano 2021 por brigadas forestais da Xunta. A calidade da toma de datos foi excelente e os resultados poñen de relevo a diversidade de especies e idades que existen en Galicia. O protocolo de recollida, así coma os datos brutos que foron recompilados polas brigadas de campo, tamén están dispoñibles para o seu uso público.
O obxectivo deste avance de contidos é amosar ás principais organizacións que compoñen o sector forestal galego e a todas as persoas interesadas a información que se pretende xerar para toda a superficie forestal de Galicia. Trátase tamén de recoller a súa opinión e de incorporar melloras ou cambios froito do que remitan estas entidades.
A maiores, a Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia traballan nunha páxina web que permitirá navegar polos mapas, acceder a información das parcelas e descargar os informes de especies e volumes de madeira dos montes galegos.
Este Inventario é un instrumento básico para coñecer e recoñecer a realidade da superficie forestal de Galicia e avanzar así nunha mellora da súa xestión. Trátase dun mecanismo que permite facer diagnoses adecuadas e constitúe, en consecuencia, unha ferramenta fundamental para a toma de decisións políticas públicas ou empresarias relacionadas co sector, que permitirá afondar no desenvolvemento sustentable do medio rural, a prol da política forestal planificada, comprometida, consensuada e verificable.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?