Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mapearán o sector galego dos videoxogos para favorecer a súa vertebración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mapearán o sector galego dos videoxogos para favorecer a súa vertebración

Redacción
Publicado: 18/04/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

haic_videoxogos_fpbffluwqaqe9mp.jpgA Xunta de Galicia acaba de poñer en marcha un mapeo do sector galego dos videoxogos co obxectivo de contribuír á súa vertebración como parte das iniciativas do Hub Audiovisual da Industria Cultural. Os datos desta medición permitirán obter unha diagnose da situación actual das empresas, estudos independentes e profesionais que operan neste ámbito en Galicia cara a unha planificación estratéxica das políticas públicas de apoio.
A realización deste estudo forma parte do paquete de medidas dirixidas a impulsar a estruturación e a competitividade deste sector no marco do Hub Audiovisual, programa extraordinario do Goberno autonómico para o trienio 2021-2023, que suporá unha inxección económica de 9,6 millóns de euros nas industrias culturais galegas a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Eixo REACT-UE.
En concreto, as compañías e profesionais galegos dos videoxogos serán destinatarios dun investimento dun millón de euros a través de accións como a recente posta en marcha do polo de aceleración cun orzamento de 360.000 euros ou o fondo de axudas para o desenvolvemento de proxectos dotado con 500.000 euros. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade e videoxogo.gal, a asociación galega de videoxogos e contidos interactivos, están a colaborar estreitamente no deseño das diferentes iniciativas, que se complementan coa posta en marcha dun mapeo para identificar as principais empresas e proxectos, así como súa capacidade de xeración de emprego, entre outros aspectos.
As entrevistas directas serán o principal instrumento desta medición, que se levará a cabo tanto entre empresas e estudos dedicados ao desenvolvemento de videoxogos como entre os que se centran no sector dos e-sports. O seu enfoque aposta por achegar unha visión global, que ademais de datos cuantitativos referidos ao reconto, localización ou cifras de facturación, reflicta datos cualitativos (perfís profesionais, nivel de formación e experiencia, fontes de financiamento, presenta de mulleres nos equipos, uso da lingua galega, etc.) que certifiquen o potencial deste sector en Galicia e permitan identificar aspectos susceptibles de desenvolvemento e/ou mellora.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?