Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A poboación galega con competencias dixitais básicas ou avanzadas medrou preto dun 20% en 2021
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A poboación galega con competencias dixitais básicas ou avanzadas medrou preto dun 20% en 2021

Redacción
Publicado: 22/04/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

competencias_dixitais_basicas.jpgAs competencias dixitais da cidadanía galega seguen a mellorar segundo os datos que ven de publicar o Instituto Nacional de Estatística. En 2021 aumentou nun 18,2% a poboación Galega que dispón de como mínimo habilidades dixitais básicas, que chegou ao 61,6%. Entre os internautas, Galicia ocupa o sexto lugar nas comunidades autónomas con máis proporción do poboación con habilidades básicas ou avanzadas. Unicamente o 1,4% da poboación galega non tiña habilidades dixitais en 2021, un punto menos que a media, e ocupando o segundo lugar no Estado.
O INE ven de publicar as estatísticas de habilidades dixitais a partir da enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías de información e comunicación nos fogares da edición 2021. As habilidades dixitais calcúlanse en base a unha metodoloxía de Eurostat, harmonizada a nivel europeo, que establece cinco tipos de habilidades: sen habilidades, limitadas, reducidas, básica e avanzadas, construídas a partires do grao de habilidade nos campos da información e alfabetización de datos, comunicación e colaboración, creación de contidos dixitais, seguridade e resolución de problemas.

Contidos
  • Habilidades dixitais xerais
  • Habilidades de información e comunicación
  • Habilidades de contidos, seguridade e resolución de problemas

Habilidades dixitais xerais

En 2021 aumentou nun 18,2% a poboación Galega que dispón de como mínimo habilidades dixitais básicas, ata acadar o 61,6%. O 35,1% da poboación galega de 16 a 74 anos tiña competencias dixitais avanzadas no 2021.
Con respecto á poboación internauta, Galicia ocupa o sexto lugar nas comunidades autónomas con máis proporción do poboación con habilidades básicas ou avanzadas. O 38,9% dos internautas teñen habilidades dixitais avanzadas, polo que Galicia se sitúa no 8º posto a nivel estatal.
Unicamente o 1,4% da poboación galega carecía de habilidades dixitais en 2021, un punto menos que a media, o que sitúa a Galicia como segunda comunidade autónoma do Estado con menor proporción de cidadáns sen habilidades dixitais.

Habilidades de información e comunicación

O 84,7% da poboación galega presenta habilidades avanzadas no apartado de Información e alfabetización de datos, e se sitúa a menos de 3 puntos da media estatal, o mesmo que nas habilidades dixitais de Comunicación e colaboración, que xa acadan o 88,6% de poboación con habilidades básicas ou avanzadas.

Habilidades de contidos, seguridade e resolución de problemas

O 69,7% da poboación galega xa dispón de habilidades básicas ou superiores na creación de contidos dixitais e o 76,2% en seguridade dixital, a menos dun punto da media estatal. Cando se trata de habilidades dixitais en seguridade dos internautas, Galicia supera a media estatal en máis de 2 puntos xa que o 84,6% dos galegos que navegan por internet teñen habilidades básicas ou avanzadas en seguridade dixital.
O 81,7% dos galegos teñen habilidades básicas ou superiores en Resolución de problemas, chegando ao 90,7% se nos centramos só en usuarios da Internet, que que supera a media estatal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?