Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta licitará a dixitalización de 60 novas salas dos xulgados galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta licitará a dixitalización de 60 novas salas dos xulgados galegos

Redacción
Publicado: 25/04/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

juan_jose_martin_e_andres_louro.jpgO director xeral de Xustiza, Juan José Martín, mantivo hoxe un encontro co xuíz decano dos xulgados de Santiago, Andrés Louro, para trasladarlle os plans de dixitalización das salas de vistas dos dous edificios xudiciais de Compostela, que se completará a finais deste ano, cando se prevé que todos os xulgados galegos conten con este sistema de implantación de novas tecnoloxías.
Hai tres anos que se iniciou o proceso de dotar de tecnoloxía dixital ás salas de vistas dos edificios xudiciais de Galicia. Con este obxectivo, o ano pasado licitouse a adquisición de todo o necesario para dotar a 60 novas salas deste servizo; a maioría, na Cidade da Xustiza de Vigo. O Goberno galego prevé licitar en breve outras 60 salas por importe de 1.691.580 euros para completar o proceso en todos os xulgados galegos, obxectivo que se marcou a Xunta para finais do 2022 tendo en conta que na actualidade hai 78 salas xa dixitalizadas e que no que resta do ano está previsto dotar deste servizo ás restantes para completar a dixitalización das 195 salas de vistas dos edificios xudiciais de Galicia.
A dixitalización das salas permite a gravación dos xuízos conforme os requirimentos das leis procesuais, así como mostrar ás partes, declarantes e persoas que se atopen na sala os contidos multimedia almacenados, utilizar a cámara cenital instalada, capturar a imaxe dun obxecto que se deposite na mesa do Tribunal e exhibila a través da televisión e realizar videoconferencias, ademais de mellorar a seguridade, privacidade e intimidade das testemuñas protexidas, dos menores, mulleres vítimas de violencia de xénero ou doutras persoas que o Tribunal decida.
Os xulgados de Santiago contarán en breve con tres novas salas dixitalizadas que se sumarán ás cinco que na actualidade dispoñen xa dese servizo, e coa nova licitación finalizarase o proceso de dotación de sistemas dixitais na totalidade das doce salas de vistas coas que contan os dous edificios xudiciais de Compostela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?